A primeira vez que se accede a ClinicalKey Student é preciso o rexistro previo como usuario. Para iso cubriremos os campos que se nos indican, concretamente o noso nome e apelidos, correo electrónico institucional (o da USC) e un contrasinal.

Unha vez rexistrados poderemos acceder as veces que queiramos a través do correo mencionado e da palabra clave escollida.
Dentro da plataforma é posible cambiar os nosos datos pulsando na icona da dereita, en "Axustes", e tamén poderemos pechar a sesión nese mesmo lugar.
**Nota: se se dispón dunha conta previa como usuario en Scopus, ScienceDirect ou calquera outro servizo de Elsevier é posible empregar a mesma para acceder a ClinicalKey Student, previo rexistro nesta plataforma.

