Táboa de contidos
A tarxeta universitaria de identidade da USC (TUI) é o elemento de identificación dos membros da Comunidade Universitaria ("Regulamento da Tarxeta de Identidade da USC", aprobado polo Consello de Goberno do día 28 de decembro de 2022). É un documento de identificación persoal e intransferible.
A TUI ten carácter obrigatorio para os seguintes colectivos da USC:
A TUI tamén pode ser solicitada polos seguintes colectivos:
As incidencias sobre a expedición da TUI serán xestionadas a través do correo tui@usc.gal.
As incidencias de carácter tecnolóxico tramitaranse a través do correo do CAU: cau@usc.gal.
(Ex-alumnado, ex-PDI e ex-PTXAS), unha vez finalizada a súa relación coa USC, pasan á categoría de Grupo de Usuarios/as Alumni na súa conta externa en Alma. Nunha conta interna no caso de Alumni sen credenciais na USC.
Poderán solicitar a carta de lector/a da BUSC en calquera biblioteca e concederáselles directamente, sen facer ningunha solicitude (previa acreditación da súa pertenza a algún destes grupos), aos seguintes solicitantes:
Estas tarxetas terán vixencia dun ano.
No momento da expedición da carta de lector/a da BUSC, as persoas usuarias deberán cubrir un impreso no que darán a súa conformidade para que os seus datos persoais sexan incluídos no ficheiro de usuarios/as da biblioteca, de acordo coa actual lexislación sobre protección de datos persoais. Este impreso deberá ser escaneado e achegado ao rexistro de usuario/a.
As persoas non encadradas nestas tipoloxías deberán facer unha petición por escrito ou correo-e (que debe ser escaneada e subida ao rexistro de usuario/a unha vez aprobado), dirixida á dirección da BUSC (biblioteca.universitaria@usc.gal), indicando os estudos e/ou traballos que realizan na actualidade e as razóns polas que desexan facer uso da BUSC. A data límite do carnet será a que se lles conceda.
O alumnado matriculado no Centro de Linguas Modernas non se considerará como usuario propio da BUSC. A carta de lector/a se lles concederá en función de que poidan ser asimilados/as a algunha das categorías de usuario/a establecidas pola BUSC.
Aquelas persoas que aínda reunindo estes requisitos non sexan residentes en Galicia ou manifesten a necesidade dun uso ocasional da BUSC, poderán solicitar unha tarxeta temporal de usuario/a invitado/a, polos días que dure a súa estancia, para facer uso dos servizos da BUSC, agás o préstamo a domicilio.
Cando a resposta a unha solicitude de carta de lector/a sexa negativa, valorarase a pertinencia de facer unha carta de lector/a como usuario/a invitado/a, que poderá concederse dúas veces ao ano, como máximo, á mesma persoa.
As tarxetas de lector/a teñen como período de vixencia un ano académico. Cando a estancia dos/as usuarios/as sexa inferior a un ano, a carta de lector/a terá como data de vencemento 15 días antes de que finalice a súa estancia na USC.
As cartas de lector/a poden ser renovadas se as persoas usuarias seguen cumprindo os mesmos requisitos para tela. No momento de renovar unha tarxeta, deberán modificarse no rexistro de usuario/a os datos que cambiaran respecto do ano anterior.
As persoas usuarias externas e invitadas con tarxetas caducadas non poderán facer uso do Servizo de Biblioteca da USC.
En Alma existen dous tipos de persoas usuarias:
As persoas usuarias, en función das tarefas que poden realizar en Alma, á súa vez poden ser:
Os roles de usuarios/as indican as autorizacións do persoal para traballar en cada sección de Alma. Os roles agrúpanse en perfís, ou colección de roles.
Por exemplo, o perfil de Operador del mostrador de circulación inclúe varios roles: operador/a de inventario físico, operador/a de ordes de traballo, operador/a de solicitudes, operador/a do mostrador de circulación.