Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Alumnado, PDI e PTXAS

O alumnado, PDI e PTXAS da USC aparecen en Alma en contas externas, que están sincronizadas coa plataforma utilizando o Perfil de integración de usuario. Esta integración realízaa exclusivamente a ATIC-CAU. A BUSC non pode engadir contas externas.

Os datos incorporados pola ATIC ás contas externas en Alma non poden ser modificados nin eliminados polo persoal dos mostradores de préstamo. Calquera erro debe comunicarse ao enderezo: busc-alma-servizos@grupos.nube.usc.gal.

Consulta en Rexistro de persoas usuarias / Editar contas externas os datos que podemos modificar neste tipo de contas.

Para o mantemento de rexistros de usuarios/as consulta: Xestionar rexistros de usuarios/as > Actualización de datos.

Alumni

De xeito regular, todo o alumnado sen matrícula vixente na USC pasa en Alma ao grupo de usuarios/as Alumni. Este traballo faino a ATIC, e o cambio non implica un cambio de conta, polo que todo o ex-alumnado pasa ao grupo Alumni en contas externas. Os rexistros en Alma de PTXAS e PDI actualízanse de xeito regular dende a Biblioteca Xeral (PTXAS) e dende as Bibliotecas de Centro/Intercentro (PDI).

No caso dos/as Alumni podemos atopar tres situacións:

1. Alumni que conserven as súas credenciais, se non fai moito tempo da súa graduación ou xubilación. De ser o caso:

  • Os/As Alumni mantéñense en contas externas mentres teñan credenciais USC.
  • Seguen usando o código de barras, o enderezo de correo-e e o contrasinal proporcionados polo CAU.
  • Seleccionamos como grupo de usuario/a: Alumni.
  • Cubrimos o resto dos datos do rexistro de usuario/a, na información xeral, datos de contacto, indicadores e estatísticas.
  • É importante actualizar os datos de enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono.
  • Os/As usuarios/as Alumni non teñen data de caducidade do rexistro.
  • Non é necesario incluír formulario de protección de datos.

2. Alumni sen credenciais da USC e con rexistro en Alma (graduados/as ou xubilados/as fai tempo), o CAU non crea novas credenciais para estas persoas ex-membros da comunidade universitaria, temos que corrixir nós os rexistros de usuario/a en Alma:

  • Hai que cambiar o seu rexistro a unha conta interna. Comunicándoo ó enderezo: busc-alma-servizos@grupos.nube.usc.gal.
  • Se a persoa usuaria conserva unha TUI física poderemos usar esta tarxeta co seu código de barras. Se non é o caso faremos unha tarxeta de cartón da biblioteca con código de barras propio como os das persoas usuarias externas.
  • Seleccionamos como grupo de usuario/a: Alumni.
  • Cubrimos o resto dos datos do rexistro de usuario/a, na información xeral, datos de contacto, indicadores, e actualizamos as estatísticas.
  • É importante actualizar os datos de enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono.
  • Os/As usuarios/as Alumni non teñen data de caducidade do rexistro.
  • Non é necesario incluír formulario de protección de datos.

3. Alumni sen credenciais da USC e sen rexistro en Alma (en xeral graduados/as ou xubilados/as dende fai tempo que non tiñan relación coa biblioteca antes da implementación de Alma ou que deixaron de usar a biblioteca fai tempo):

  • Hai que crear un novo rexistro de Alma (nunha conta interna), como facemos para os usuarios/as externos/as:
    • No apartado Información do usuario/a>grupo de usuario/a: Alumni.
    • No apartado Estatísticas: Tipo de categoría: Alumni. Categoría: alumnado, PTXAS ou PDI.
    • Os/As usuarios/as Alumni non teñen data de caducidade do rexistro.
    • Neste caso é necesario incluír formulario de protección de datos, como cos/as usuarios/as externos/as.

 

Para o mantemento de rexistros de usuario/a consulta: Xestionar rexistros de persoas usuarias > Actualización de datos.

Persoas usuarias externas e invitadas

A BUSC crea e xestiona as contas internas correspondentes ás persoas usuarias externas e invitadas recollidas no apartado desta guía: Persoas usuarias/Tipos de rexistro de persoas usuarias.

Para crear estas contas tes que ir a Servicios al usuario / Gestionar servicios al usuario. Aparecerá a visualización de Gestión rápida de usuarios. Prememos no botón Registrar nuevo usuario.

 

Importante: ao cubrir os formularios ten coidado de que cada dato vaia no seu campo correspondente. A maioría son recuperables, polo que deben conter a información correcta. Iremos cubrindo o formulario do seguinte xeito: 

1. Ajustes de proxy: non engadir como proxy de servizos ao usuario/a.
2. Información de usuario/a:

Cubre os campos cos datos do/a usuario/a co asterisco vermello. O nome, o identificador primario, que é o código de barras que tes que pegar na nova tarxeta de lector/a, e escanear cando cubramos este dato. Eliminaremos o identificador que crea por defecto Alma. O idioma predefinido para o sistema e as cartas é o galego. Pódese cambiar en caso de estudantes estranxeiros/as. En grupo de usuarios/as utilizaremos Usuarios externos ou Usuarios invitados. 

O campo Fecha de expiración é obrigatorio para os grupos de usuarios/as: usuario/a externo/a e usuario/a invitado/a.

Podes engadir datos relativos ao Nome preferido, Título, pero non son obrigatorios. O dato Género non se usa na BUSC.

 

3. Información de gestión de usuarios:

Neste apartado o sistema crea un contrasinal provisorio que o/a usuario/a terá que cambiar a primeira vez que entre en Primo/Iacobus. Tes que deixar en branco todo e marcar Forzar cambio de contraseña en el siguiente inicio de sesión

 

 

 

Remitiremos ao/á usuario/a á Guía rápida de rexistro de persoas usuarias externas autorizadas na que se indica que o/a usuario/a terá que marcar que esqueceu o contrasinal para volver xerar outro. 

 

4. Direcciones de correo electrónico:

Finalmente, en Direcciones de correo electrónico engadirás o correo electrónico do/a usuario/a. 

 

 

Preme en Actualizar usuario.

Volverá á visualización Servicios del usuario. Dependendo do tamaño da pantalla do dispositivo esta información pode aparecer no lateral ou na parte superior.

 

 

Premendo no ID, entrarás na visualización Detalles del usuario.

Nesta visualización completaremos os seguintes datos:

  • Información de contacto: enderezos e teléfono.
  • Identificadores.
  • Estatísticas.

 

5. Información de contacto:

Enderezo, teléfono e correo electrónico alternativo (opcional)

Entramos na pestana: Información de contacto

 

e engadimos o enderezo, o teléfono e outro correo electrónico opcional.

 

6. Identificadores: DNI

Preme en Añadir identificador e engade o DNI (preferiblemente coa letra) ou o pasaporte como University ID.

7. Estadísticas

Engade a estatística "Biblioteca"

Prememos en Añadir estadística e eliximos como Tipo de categoría: "Biblioteca", que é a biblioteca na que a persoa usuaria se rexistra e como Categoría estadística: a biblioteca na que abre a conta a persoa usuaria. Prememos en Añadir y cerrar

 

 

Cando teñas todos estes datos cubertos, preme en Guardar na esquina superior dereita

 

Formulario de protección de datos

Segundo a normativa de préstamo da BUSC vixente as persoas usuarias externas e invitadas teñen que cubrir sempre un impreso no que darán a súa conformidade para que os seus datos persoais sexan incluídos no ficheiro de usuarios/as da biblioteca.

O impreso debe ser escaneado e achegado ao rexistro da persoa usuaria na lapela Adjuntos

Procedemento: 

  1. Escaneamos o documento e o nomeamos como: ImpresoProteccionDatos.
  2. Na pestana Adjuntos do rexistro de usuario/a seleccionamos Añadir adjunto. Localizamos o impreso escaneado no noso ordenador e o engadimos. 

 

 

Para o mantemento de rexistros de usuario/a consulta: Xestionar rexistros de persoas usuarias > Actualización de datos

Persoas usuarias invitadas

Ás persoas alleas á comunidade universitaria que non reúnan os requisitos para ter unha tarxeta de Usuario/a externo/a pero que queren consultar fondos en sala se lles fará unha conta interna denominada Usuario/a invitado/a. Este tipo de persoas usuarias só poden utilizar o mostrador de sala e consultarán en sala tanto obras prestables como non prestables. No caso das prestables teremos que premer en Ignorar para prestalas no citado mostrador. 

Procederemos á creación da súa conta do xeito seguinte:

  • Cubriremos o rexistro como indicamos no apartado anterior, elixindo como tipo de conta: Interno e como grupo: Usuario invitado.
  • Terán que cubrir tamén o formulario de protección de datos, que engadiremos na pestana Adjuntos.
  • Desactivaremos o rexistro cando remate o período de consulta necesario para o/a usuario/a. Farémolo en Detalles del usuario / Información general / Estado, elixindo Inactivo. Premeremos en Guardar

 

Baixas e cambios de conta

Baixas de contas externas

Dende os mostradores de préstamo non podemos dar de baixa as contas externas (usuarios/as que teñen ou tiveron vinculación coa USC), que dependen do ATIC. Estas baixas se xestionan dende a B. Xeral.

 

Baixas de contas internas

A BUSC pode dar de baixa contas internas. Deberase realizar unha revisión e limpeza destas contas dende a Biblioteca Xeral.

As contas internas do grupo Usuario/a invitado/a serán desactivadas cando as súas persoas titulares rematen de consultar os fondos da biblioteca. 


Cambio de condición de usuarios/as con conta externa:

Todas as persoas usuarias cunha conta externa en Alma (comunidade da USC), cando deixan de ter relación coa universidade:

  • Poden manter temporalmente as súas credenciais institucionais (polo tempo que determine a ATIC).
  • Pasan ao Grupo de usuarios/as Alumni.  Este cambio faise de xeito automático pola ATIC para o alumnado, pero debe ser controlado manualmente polo persoal da BUSC para os/as PTXAS e PDI (actualización de datos).
  • Os/As Alumni poden seguir usando a TUI para acceder á biblioteca.
    • No caso das TUI dixitais poderán usarse mentres a APP estea activa. (Cando deixe de estar activa, se usuario segue mantendo as credenciais USC, o persoal do mostrador preguntará polo número do DNI para poder acceder ao seu rexistro en Alma.
    • No caso das TUI físicas, o usuario pode seguir usándoa como tarxeta de biblioteca se o prefire.
    • Nas demais circunstancias farase unha nova tarxeta de biblioteca con novo código de barras).

Consulta o apartado de Altas e baixas de persoas usuarias > Alumni .

 

Renovar a condición de usuario/a para as persoas usuarias

Contas externas

É a ATIC-CAU, por medio das actualizacións dos rexistros de usuario/a,  quen determina a vixencia ou non da relación da persoa usuaria coa USC e o grupo de usuario/a que lle corresponde.

 

Contas internas

  • Usuarios/as externos/as . Deberán ser renovadas (segundo a data de caducidade) no mostrador de préstamo da biblioteca por petición da persoa usuaria. Aquelas contas que non sexan renovadas nun período de tempo razoable, poderán ser dadas de baixa polos servizos centrais da BUSC.
  • Usuarios/as invitados/as. Só se poderán renovar dúas veces ao ano. 

Procedemento para renovar a carta de lector/a de contas internas

Dende Servicios al usuario / Gestionar servicios al usuario:

  • Tecleamos os datos da persoa usuaria e prememos en Ir.
  • Aparecerá un aviso de que o carné non está activado.
  • Comprobamos que a persoa usuaria non ten devolucións caducadas pendentes.
  • Prememos Añadir/Renovar función de usuario.
  • Prememos en Aceptar.
  • Prememos en Hecho.