A modalidade de traballo que esixe cada titulación condiciona a estrutura e mesmo o tipo de estilo na redacción e presentación.
Así, un TFG/TFM de creación artística (ao estudo histórico, literario, etc. engade a propia creación e materiais e método de realización) difire dun proxecto técnico de construción (que insire cláusulas de condicións, presuposto, catálogo de materiais, etc.) ou dun centrado nun estudo de caso do ámbito da educación.
Na normativa interna de cada centro para TFG/TFM, decidida pola comisión académica de cada grao/máster, sole indicarse a estrutura, extensión e formato de presentación.
Como norma xeral, ou no caso de non contar con indicacións expresas do profesorado titor, un TFG/TFM ten catro partes fundamentais, que poden ir desglosadas en subpartes, formando cada unha un capítulo independiente: introdución e presentación do tema, metodoloxía de estudo, análise e resultados e conclusión.
Ademais debe conter: portada, resumo, palabras clave, índice de contidos e outros índices de materiais no caso de existiren: índice de táboas, imaxes, abreviaturas, acrónimos ou símbolos.
Pode tamén engadirse anexos, que contribuirán a documentar o contido do TFG/TFM. Os dous últimos apartados mencionados adoitan paxinarse de forma independiente do contido principal.
Todo traballo académico comeza pola súa planificación e culmina coa súa comunicación. Dependendo do tipo de traballo de que se trate, a comunicación realizarase a través dunha presentación escrita, dunha exposición oral ou dunha publicación na web.
A redacción é unha das fases máis complexas. Non abonda unha lectura comprensiva dos documentos fonte. Supón un esforzo de comprender unha realidade, relacionala con outros ámbitos, comparar opinións e sobre todo reflexionar e sintetizar todo iso, expresándoo coas nosas propias palabras: iso é crear novo coñecemento.
Son pautas apropiadas para unha redacción esitosa:
Na USC, o Servizo de Normalización Lingüística ofrece un modelo para Traballos de Fin de Grao e Master, onde se insiren todos os apartados do TFG/TFM. Propoñen recomendacións sobre como crear o índice de xeito automático, inserir imaxes, tipo e tamaño de letra a empregar, etc. e ofrecen servizo de tradución ao galego e corrección de documentos.
O TFG requirirán sempre da súa presentación e defensa pública (normalmente presencial) ante un tribunal. Esta parte do proceso pode valer ata un 20% da nota final. O tribunal avaliará a capacidade de concisión e claridade expositiva e a capacidade de resposta ás preguntas e comentarios que formulen.
É habitual axudarse cunha presentación. Algunhas das ferramentas para crear presentacións son:
Recoméndase comprobar previamente o nivel de compatibilidade de versións co ordenador que vaiamos empregar no momento da exposición. Tamén se precisaremos internet ou non ou dalgunha aplicación especial.
Na web actual, as usuarias e usuarios ocupamos un papel máis activo: de simples consumidores de información e servizos pasamos a ser parte activa do desenvolvemento da web, ao producir e compartir todo tipo de contidos. No ámbito académico, o fluxo circular da información científica (busca de información – estudo e análise – xeración de novo coñecemento – publicación e difusión) é particularmente rápido e flexible no ámbito de internet.
O Regulamento de matrícula ao que fixemos alusión ao principio desta guía, establece no artigo 12, o depósito dos TFG no repositorio Minerva (arquivo dixital da USC). A comisión académica dunha titulación determinada proporá o depósito dun TFG/TFM, baseándose na súa calidade, orixinalidade e interese e será o autor ou autora quen autorice o depósito.
Que un TFG/TFM esté en Minerva significa:
Máxima difusión e visibilidade: o repositorio aumenta a visibilidade dos documentos grazas aos protocolos que permiten que o seu contido sexa indizado polos grandes recolectores e motores de busca como Google académico, Oaister e outros sistemas.
Por último, o traballo ben feito ten premio!. Revisa as convocatorias de premios que convocan numerosos organismos e administracións.