Ir ao contido principal

Prepara o TFG/TFM

Inicio

Os plans de estudos dos diferentes graos do sistema universitario español establecen que o Traballo de fin de Grao (TFG) e o Traballo de fin de máster (TFM) son un requisito imprescindible para acadar o título de graduado/a ou de mestrado respectivamente.

A USC dispón de directrices xerais comúns para os TFG e TFM para todas as titulacións, pero ademais cada grao/máster ten especificacións propias que responden á necesidade de avaliar as competencias de cada título.

O proxecto, traballo, memoria ou estudo orixinal, que son as formas que deben adoptar os TFG/TFM deben desenvolver “os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados” e que se resumen en:

  • Capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo.
  • Emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética.
  • Desenvolvemento de pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

​Dende a BUSC queremos ofrecer ferramentas e pautas para facilitar a elaboración do TFG/TFM. Esta guía é unha destas ferramentas. Mais a nosa oferta estrela é o curso avanzado de formación en Competencias Informacionais, orientado á elaboración do TFG: