Ir ao contido principal

Prepara o TFG/TFM

Crea unha estratexia de busca

Coñecer o marco teórico previo é esencial en calquera traballo de investigación. É preciso buscar os documentos máis relevantes para asentar a hipótese de traballo de forma correcta: isto é coñecer o estado da cuestión.

Buscamos con palabras e/ou frases. Unha elección correcta das palabras clave a utilizar permitiranos recuperar documentos máis pertinentes. Para a elección de palabras clave:

  • Elabora unha listaxe de palabras que respondan aos conceptos definitorios do traballo.
  • Engade sinónimos, termos máis específicos ou máis xerais, en función dos resultados de busca que se acaden.
  • Busca os termos noutras linguas.
  • Usa termos técnicos e específicos do argot profesional que permitan acotar os resultados da busca.

​Tales termos poden combinarse mediante operadores booleanos ou completarse con comandos e símbolos para obter buscas máis precisas. Ese procedemento é o chamado creación dunha estratexia de busca: formular unha expresión que abrangue da forma máis completa e precisa un exercicio de busca.

termos, palabra clave, operadores booleanos, termos de busca

Onde buscar: tipoloxía dos recursos de información

Os documentos poden ter forma de libro, artigo, ponencia dun congreso, norma técnica, etc. Poden ter un formato impreso, virtual ou ambos. Poden ser de acceso libre ou ser preciso acceder a través dun servizo de subscrición (ex. dunha biblioteca). Un mesmo artigo pode difundirse en diferentes versións. Ademais, hai documentos inéditos (non publicados). Tal diversidade complica a súa busca.

Para recuperalos empregamos ferramentas de busca. En función do seu contido e funcionalidades diferenciamos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ten en conta que as ferramentas de busca non sempre ofrecen acceso ao texto completo de balde. Pregunta na biblioteca para obter o documento que buscas, sexa cal sexa a súa tipoloxía, formato e nivel de actualidade. A Biblioteca da USC, ademais das súas subscricións, ten un servizo de acceso ao documento (mediante préstamo interbibliotecario ou reprodución e copia dixital) que garante o acceso a case a totalidade das publicacións a nivel mundial.

Podes empezar por consultar as guías de recursos por materias elaboradas pola BUSC, onde presentamos unha selección de fontes de interese para cada área de coñecemento:

Onde buscar: algúns exemplos e características

Conteñen a colección dunha biblioteca (ex. catálogo Iacobus, da BUSC) ou de varias (ex catálogo de Rebiun) e facilitan o acceso ao texto completo de todo o que subscriben. Permiten pedir prestamo o material propio ou doutras bibliotecas. Poden ter coleccións exclusivamente virtuais (ex. catálogo da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes) ou conter só un tipo de documentos (ex. Biblioteca Digital Hispánica).

Resumen e indexan o contido das revistas académicas de múltiples editoriais e outros tipos de documentos como conferencias, patentes, informes.

Son recursos altamente especializados que conteñen información de gran valor académico e científico. Poden recoller información factual (ex base de datos do INE) ou bibliográfica. Aínda que hai moitos exemplos de bases de datos de acceso de balde (ex Pubmed, AGRIS-FAODialnet) boa parte son de acceso restrinxido. A BUSC ofrece acceso ás máis importantes bases de datos a nivel mundial. Ten en conta que algunhas son multidisciplinares (ex. Scopus, Web of Science) e outras específicas dunha área temática (Aranzadi -leis-, AENOR -normas UNE-, PsyInfo -psicoloxía-, etc.).

 

Permiten a consulta de documentos que albergan estas plataformas. No caso das grandes editoriais científicas, recollen nos seus portais todo o publicado por un grupo editorial (ex Science Direct, de Elsevier).

 

 

Institucións, organismos, editoriais científicas, asociacions, etc publican nas suas webs abondosa documentación de calidade, sendo, as veces, a única fonte onde atopar información específica dun sector. 

Ademais, as iniciativas de acceso aberto puxeron a nosa disposición unha inxente cantidade de información de calidade, en liña e en aberto. Así nos repositorios (como Minerva, na USC) e nos recolectores (como Hispana, Recolecta, OAIster) atopamos dende artigos de revistas, documentos de congresos, teses, TFGs e TFMs e outros documentos científicos.

Toda esa información pode recuperarse a través dos buscadores científicos, como Google académico, BASE ou Dimensions.

 

Os buscadores xenéricos rastrexan palabras en páxinas web e permiten atopar información relevante en sitios académicos, científicos, gubernamentais e de organismos e institucións. Aplica filtros e operadores para obter resultados máis pertinentes. Como exemplo, consulta esta guía sobre os operadores de Google elaborada pola biblioteca da Universidade Pablo de Olavide.

Outros buscadores xenéricos son YahooBingLycos ou DuckDuckGo

Ademais, hai buscadores especializados por materiais :

Tamén podemos aplicar extensións para navegadores da Internet como Mozilla Firefox ou Google Chrome, que nos permiten saber se un determinado artigo, aparentemente de pago na nosa primeira busca, ten unha versión en acceso libre nalgún repositorio. Algúns exemplos son Unpaywall ou OA button.

Chatbots, asistentes de IA, axentes, bots, son algunhas das solucións de intelixencia artificial aplicables á busca de información en internet.

Algunhas ferramentas que poden axudar: