Ir ao contido principal

Minerva - Guía de autoarquivo

Revisión de metadatos

Unha vez rematado o proceso de envío, o rexistro será revisado pola biblioteca, se é preciso ampliaranse os metadatos, e o documento será difundido en Minerva. A persoa que fixo o envío recibirá un correo electrónico informándolle ao respecto.

Dende que o documento pasa a formar parte do repositorio o sistema asígnalle unha URL permanente denominada URI. Este identificador non cambiará en caso de migracións a outros equipos ou alteracións no sistema.

Recibirá esta URI no seu correo electrónico para que poida utilizala como referencia do documento. As URI son rexistradas co sistema Handle System, un sistema para atribuír, administrar e resolver identificadores persistentes, coñecidos como Handles, para documentos dixitais e outros recursos en Internet.

Finalizado o depósito vostede non poderá facer modificacións na descrición do traballo. Se desexa engadir ou cambiar algo comuníqueo a través de minerva@usc.gal, cunha explicación das correccións que precisa facer.