Ir ao contido principal

Minerva - Guía de autoarquivo

Normativa

A Normativa de Minerva (aprobada no Consello de Goberno da USC do día 22 de Decembro de 2011) indica que todo o persoal docente e investigador da USC pode depositar a súa produción científica en Minerva de forma autónoma a través do autoarquivo.

Para poder enviar un documento, as persoas usuarias deben estar previamente rexistradas en Minerva e solicitar autorización para depositar nas coleccións do seu interese. 

 

Depositar en Minerva

QUEN PODE DEPOSITAR?
O persoal docente e investigador (PDI) da USC

QUE PODE DEPOSITAR?
Os traballos resultado das súas investigacións, por exemplo: artigos científicos, libros e capítulos de libros, comunicacións, pósters, presentadas a congresos, xornadas, etc.

EN QUE FORMATOS?
Minerva dá soporte á maioría dos formatos de arquivo pero recoméndase o uso de formatos abertos ou estándar que non dependan de software propietario para asegurar a súa accesiblidade no futuro e a preservación dixital. Por exemplo, .pdf para artigos, capítulos de libros, etc.

COMO DEPOSITAR?

Mediante o autoaquivo ou depósito pola persoa autora (debe solicitar os permisos no correo minerva@usc.gal).

Contacte coa biblioteca do seu centro se precisa asistencia no proceso de envío de documentos a Minerva.