Ir ao contido principal

Minerva - Guía de autoarquivo

Rexistro

Antes de autoarquivar por primeira vez deberá rexistrarse no sistema. Dende a pantalla de inicio, prema sobre a opción “Rexistro” do espazo “A miña conta” na columna da dereita, e introduza o seu enderezo electrónico institucional.

Rexistro en Minerva, paso 1

Rexistro en Minerva, paso 2

 

Recibirá unha mensaxe coas instrucións necesarias para completar o rexistro.

Rexistro en Minerva, paso 3

Autorización

Ademais de rexistrarse deberá solicitar permisos para enviar documentos ao repositorio.

Para obter esta autorización debe contactar coa administración de Minerva (minerva@usc.es) indicando o seu nome e apelidos, a unidade da USC á que pertence e o seu correo electrónico institucional. Recibirá unha mensaxe de confirmación no seu correo electrónico.

Esta solicitude debe facerse só a primeira vez, e o permiso, unha vez confirmado, será válido durante o tempo que manteña a súa vinculación coa USC.

Por defecto só terá autorización para autoarquivar nas coleccións definidas para o seu Departamento/Centro/Grupo de Investigación. Se desexa depositar noutras coleccións debe indicalo na solicitude. 

Acceso

Unha vez conte coas autorizacións, para poder interactuar co sistema, terá que identificarse. Prema en “Login” ou en  “Acceder” do espazo “A miña conta”.

Acceso Minerva, paso 1

 

Introduza as súas credenciais de identificación da USC, nome de usuario (nome.apelidos@dominio) e chave de paso (contrasinal).

Acceso minerva, paso 2