QUEN PODE DEPOSITAR?
O persoal docente e investigador (PDI) da USC
QUE PODE DEPOSITAR?
Os traballos resultado das súas investigacións, por exemplo, artigos científicos, libros e capítulos de libros, comunicacións, pósters, presentadas a congresos, xornadas, etc.
EN QUE FORMATOS?
Minerva da soporte á maioría dos formatos de arquivo pero recoméndase o uso de formatos abertos ou estándar que non dependan de software propietario para asegurar a súa accesiblidade no futuro e a preservación dixital. Por exemplo, .pdf para artigos, capítulos de libros, etc.
COMO DEPOSITAR?
A Biblioteca Universitaria ofrece dúas modalidades de depósito de documentos en Minerva:
-Arquivo delegado:
Se desexa que a biblioteca se faga cargo do depósito dos seus traballos, contacte coa Biblioteca do seu centro ou con Minerva.
-Autoarquivo ou depósito pola persoa autora.