Ir ao contido principal

Citar en estilo Harvard

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo Harvard

Cuestions xerais das Referencias Bibliográficas

Unha referencia é un conxunto de datos bibliográficos que permite identificar calquera documento empregado nun traballo de maneira expresa. Sitúase como nota ao pé de páxina, ao final do capítulo ou ao final de todo o texto en forma de listaxe, sendo isto último o que chamamos bibliografía.

Toda a información consultada que se inclúa no texto que se está elaborando debe citarse sen omitir nada. É importante comprobar que a cada cita lle corresponde a súa referencia na bibliografía.

É habitual que moitos vexan como sinónimos "listaxe de referencias" e "bibliografía", pero non é así, non significan o mesmo. A bibliografía inclúe fontes que foron útiles para o traballo pero non se nomearon de forma expresa nel e a listaxe de referencias sempre remite ás citas colocadas dentro do texto. Polo tanto CITA e REFERENCIA sempre van ligadas de forma bidireccional.

bibliografía ou listaxe de referencias adoita presentarse ao final do traballo, ordenada de forma alfabética ou secuencial.

Independentemente do estilo que se estea a aplicar as referencias sempre levan os seguintes elementos:

  • AUTOR/A OU AUTORES/AS
  • TÍTULO DO DOCUMENTO CONSULTADO
  • TÍTULO DA FONTE PRINCIPAL (libro, web, revista... se é necesario)
  • DATOS DE EDICIÓN

Referencias en Estilo Harvard

Cuestións a ter en conta para a creación das referencias bibliográficas no estilo Harvard:

  • A listaxe de referencias inclúese ao final do traballo.
  • Debemos ordenar a listaxe de referencias alfabeticamente.
  • Aquelas referencias dunha mesma autoría debemos ordenalas por data de publicación.
  • Os títulos dos libros referéncianse en cursiva.
  • Debemos referir a edición do libro sempre que non sexa a primeira.
  • Os títulos de capítulos de libros referéncianse "entre comiñas".
  • Os títulos de artigos de revistas tamén se referencian "entre comiñas". 
  • Debemos referenciar todas as obras citadas dentro do traballo.
  • Debemos respetar signos de puntuación de obras noutros idiomas.
Nº AUTORES FORMATOS - REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
1 AUTOR/A Apelido/os, INICIAIS (Ano) Título da publicación en cursiva. Lugar: Editorial.
2 AUTORES/AS Autor/a1 y Autor/a2 (Ano) Título da publicación en cursiva. Lugar: Editorial
3 AUTORES/AS Autor/a1, Autor/a2 y Autor/a3 (Ano) Título da publicación en cursiva. Lugar: Editorial
MÁIS DE 3 AUTORES/AS Autor/a1 et al. (Ano) Título da publicación en cursiva. Lugar: Editorial
1 INSTITUCIÓN Institución (Ano) Título da publicación en cursiva. Lugar: Editorial
OBRA ANÓNIMA Título da publicación en cursiva (Ano)

 

A continuación indicamos os elementos fundamentais das referencias bibliográficas en estilo HARVARD:

  1. Autor/a. Pode ser autor/a persoal, corporativo/a, unha organización ou unha editorial. Apelido e iniciais do nome.
  2. Ano de publicación entre parénteses. Se non se dispón da data hai que poñer ‘(n.d.)’.
  3. Título en cursiva. O subtítulo a continuación, precedido por dous puntos.
  4. Nº de edición se non é a primeira. Especifícase nos mesmos termos empregados na fonte referida, incluídos os símbolos e as abreviaturas.
  5. Lugar de publicación. Se hai máis dun lugar darase unicamente o primeiro que apareza. Se non aparece o lugar de publicación porase ‘s.l.’ (sine loco).
  6. Editorial. Se non se coñece o nome porase ‘s.n.’ (sine nomine). 
Esquema exemplo dunha referencia bibliográfica en Harvard
Apelido(s), I. (ano) Título: subtítulo. Nº ed. Lugar: Editorial

Biggs, G. (2000) Gender and Scientific Discovery. 2ª ed. London: Routledge.

Dagorne, F.G. (2003) French cultural developments: a feminist perspective. London: Macmillan.

 

Esquema Harvard - LIBRO: 1 autor/a
Apelido(s), I. (ano) Título. Lugar: Editorial
  • Biggs, G. (2000) Gender and Scientific Discovery. 2nd ed. London: Routledge.
  • Dagorne, F. G. (2003) French cultural developments: a feminist perspective. London: Macmillan.
Esquema Hardvar - LIBRO: 2 autores/as
Apelido(s), I. y Apelido, I. (ano) Título. Lugar: Editorial
  • Shalloway, A. y Trott, J. (2001) Desing patterns explained: a new perspective on object-oriented desing. Londo: Addison Wesley.
  • Ong, E., Chan, W., y Peters, J. (2004) Advances in Engineering. 2nd ed. London: Routledge

 

NOTA: Para ter máis exemplos de referencia para outros tipos de documentos preme en Exemplos por Tipoloxía Documental