Ir ao contido principal

Citar en estilo Harvard

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo Harvard

AS CITAS

Unha cita é un parágrafo ou idea extraída dunha obra allea para apoiar, corroborar ou contrastar o expresado. Debe ir acompañada dunha forma abreviada da referencia ou dunha chamada numérica que se complementa coa referencia bibliográfica completa ao final do capítulo ou ao final de todo o texto.

Necesitamos empregar as citas por varios motivos:

  1. Para dar valor a un traballo, xa que as citas serven de base para as afirmacións ou conclusións ás que podemos chegar.
  2. Para permitir que calquera persoa poida volver acceder ás fontes consultadas. 
  3. Porque cando se empregan as palabras ou ideas doutra persoa sen mencionala cométese un tipo de infracción denominado plaxio. 

Aspectos a ter en conta

Debemos citar:

  • Todo tipo de datos, cifras, estatísticas ou fontes orais que non sexan de coñecemento común.
  • Frases copiadas literalmente.
  • Teorías ou ideas doutros/as autores/as.
  • Calquera información específica que non sexa de coñecemento público.

NON é necesario citar:

  • Feitos ou datos de coñecemento común.
  • As nosas propias ideas, achegas, observacións ou conclusións, froito do noso estudo e reflexión.

COMO SE CITA?

  • A forma na que citemos dependerá do estilo bibliográfico que empreguemos (Harvard, Vancouver, APA, etc...)

Podemos citar de diferentes maneiras:

  • Transcribir de forma literal o que escribiu outra persoa, poñendo a cita textual entre comiñas. Estas son as denominadas citas directas, que é conveniente empregar cando se quere precisar un concepto ou teoría dunha persoa autora concreta. Por exemplo:

"Cada referencia citada en el texto debe aparecer en la lista de referencia y cada entrada de la misma debe citarse en el texto" (Manual de publicaciones, 2010, p. 174).

  • Parafrasear ou explicar coas nosas propias palabras as ideas doutro/a autor/a contidas noutro traballo. Estas son as citas indirectas, máis apropiadas cando se quere dar una base teórica ás nosas ideas. Por exemplo:

Manual de publicaciones de la APA (2010) indica que o citado no texto debe levar a súa entrada correspondente na listaxe de referencias bibliográficas (p. 174).

Nota: non é aconsellable empregar en exceso as citas directas, xa que se obtén un maior impacto con elas se só se empregan ocasionalmente.

Todos os estilos bibliográficos teñen dúas partes:

  • Citación dentro do texto.
  • Bibliografía ao final do documento.

Destacamos os seguintes sistemas que relacionan as citas dentro do texto e as súas correspondentes referencias bibliográficas:

  1. Método numérico.  A cita no texto é un número correlativo, e a bibliografía final ordénase por estes números.
  2. Método de notas. A cita reprodúcese ao pé de cada páxina.
  3. Método de autor e ano​. A cita no texto anótase co apelido dos/as autores/as e o ano de publicación, e a bibliografía final ordénase alfabeticamente polo apelido dos/as autores/as.

As citas en estilo Harvard

Cuestións a ter en conta para a creación de citas no estilo Harvard:

  • Debemos citar dentro do texto, xa sexa de maneira directa ou indirecta.
  • Non se admiten citas ao pé de páxina.
  • O formato xeral de cita a empregar é: só apelido/s do/a autor/a máis data de publicación do traballo. Tamén se pode incluír a páxina do texto citado.
  • Citas de traballos dende un ou máis de tres autores/as.
  • Citas de traballos anónimos.
  • Citas de institucións como autoras.
  • Se se citan distintos traballos dun/dunha mesmo/a autor/a coa mesma data de publicación, distinguiranse con subíndices a,b,c... Exemplo: Muñiz, L. (2016a) o Muñiz, L. (2016b) 
Formas de citar - autor
Nº AUTORES FORMA DIRECTA FORMA INDIRECTA
1 AUTOR/A (Autor/a1, Ano) Autor/a1 (Ano)
2 AUTORES/AS (Autor/a1, Autor/a2, Ano) Autor/a1, Autor/a2 (Ano)
3 AUTORES/AS (Autor/a1, Autor/a2, Autor/a3, Ano) Autor/a1, Autor/a2, Autor/a3 (Ano)
MÁIS DE 3 AUTORES/AS (Autor/a1 et al., Ano) Autor/a1 et al. (Ano)
1 INSTITUCIÓN (Institución, Ano) Institución (Ano)
OBRA ANÓNIMA (Título do libro en cursiva, Anón., Ano) Título do libro en cursiva (Anón., Ano)

 

As citas no texto, seguindo o sistema Harvard, realízanse co apelido do/a autor/a e o ano, separados por unha coma, entre paréntese. O número de páxinas reflíctese despois de dous puntos, se se cita -sen resumir- a información dunha(s) páxina(s) específica(s). O/A autor/a pode ser persoal ou corporativo: 

Os elementos que compoñen as citas dentro do texto seguindo o estilo HARVARD son:

  1. Apelido
  2. Ano 
  3. Páxina (non sempre)
Esquema exemplo dunha cita en estilo Harvard
(Apelido(s), ano: páxina)

Exemplo Harvard. LIBRO: 1 autor
(Apelido(s), Ano: páxina)

As páxinas non sempre é necesario indicalas, só no caso de que se cite sen resumir a información dunha/s páxina/s específica/s, é dicir, cando poñemos entre comiñas a cita porque engadimos a frase tal cal aparece no documento. Neste caso irán precedidas de dous puntos (:).

  • DirectaEn un reciente estudio (Sánchez, 2010) argumentó… 
  • Indirecta: Sánchez (2010) argumentó que... 
  • Directa:  En un reciente reglamento (Consejo de la Unión Europea, 2007) se indica que...
  • Indirecta: El Consejo de la Unión Europea (2007) en su reglamento define las funciones... 
NOTA: Para ter máis exemplos de citas para outros tipos de documentos preme en Exemplos por Tipoloxía Documental