Para preparar calquera traballo é necesario que consultemos información xa dispoñible, xa publicada, é dicir, que o documentemos. Pero cando utilizamos esa información allea (un artigo, un libro, unha web, etc.) ao redactar o noso propio texto, tanto se incluímos frases literais coma se resumimos unha idea ou a parafraseamos, debemos declarar de onde a tomamos, é dicir, temos que citar a fonte, a procedencia.
Hai que poñer polo tanto citas das fontes ao longo do texto, e tamén referencias dos traballos e bibliografía ao pé da páxina ou ao final do documento.
Para facelo dun xeito coherente debemos empregar un estilo ou norma; no seguinte apartado podedes ver os diferentes estilos e normas de citación que hai e cales son os máis habituais nas diferentes áreas, por exemplo en ciencias adoita empregarse máis o estilo Harvard ou Vancouver que o estilo APA.
Nesta guía explicarémosvos como facelo seguindo o estilo Harvard.
Estilos ou normas de citas
Hai moitos e variados estilos ou normas de citación e referencia.
Algúns proceden dunha institución internacional que elabora un modelo de cita e referencia para as súas publicacións ou as dun determinado campo de coñecemento. Imos ver que estilos podemos atopar:
PARA SABER MÁIS... Citas e referencias bibliográficas (Guía da BUSC)
O estilo Harvard foi creado pola Universidade de Harvard nos anos 50. Actualmente é moi empregado para citar e referenciar traballos académicos sobre todo nas áreas de ciencias. Toma como referencia a norma ISO 690. Coñécese tamén como citación autor-data pola súa estrutura de citación.
O sistema Harvard inclúe diferentes formatos, pero coincide cos demais estilos en dous aspectos fundamentais:
Co emprego de ambos procedementos, cita e referencia, identificamos claramente a autoría das fontes empregadas, evitando o plaxio.
Cita no texto |
Listado da referencia |
---|---|
(Muñiz, 2016, p. 305)
Muñiz (2016) |
|