Os operadores, dende os mostradores de préstamo, poden solicitar que os exemplares do repositorio se movan de forma permanente ou temporal dende una ubicación/biblioteca a outra.
Procedemento:
Dende o mostrador de préstamo da Biblioteca orixinal
1. Localizar o exemplar e seleccionar Cambiar ubicación
2. En Tipo de solicitud elixir Mover de manera temporal
3. Cubrir os datos da biblioteca de destino, nova ubicación, poítica de préstamo (se cambia) e data de devolución.
A continuación enviar a solicitude
4. Recoller do estante na biblioteca orixinal e escanear o exemplar no mostrador de préstamo. O exemplar queda en tránsito.
5. Á chegada do exemplar á biblioteca de destino, escanear o exemplar. (Quedará físicamente nesa ubicación no período de tempo elixido para ser prestado.)
En Alma aparecerá un reloxo diante da existencia que ten a ubicación temporal e que está dispoñible, pero tamén se visualiza, aínda que como “non dispoñible” a outra coa ubicación orixinal. En Primo só aparece o exemplar que está dispoñible na ubicación temporal.
6. Finalizado o prazo establecido na solcitude, escanear o exemplar dende a pestana Cambiar información del ejemplar e seleccionar Restaurar. O exemplar volve á sua ubicación orixinal
7. No mostrador de préstamo da biblioteca orixinal cando o documento chegue de volta, escanear para devolvelo á súa ubicación