Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Estante de novidades

Os estantes de novidades nas bibliotecas da BUSC adoitan ser ubicacións temporais dos novos exemplares incorporados as coleccións da biblioteca, case sempre en aceso aberto nas salas de lectura.

As obras incorporadas os estantes de novidades soen permanecer nos mesmos durante un período de tempo determinado e poden ser solicitadas polos usuarios dende o catálogo Iacobus (no caso de obras prestables).

Para poder xestionar os exemplares neste estante, e facilitar a súa xestión dende Alma, utilizaremos unha Localización temporal. As bibliotecas poderán pedir á biblioteca Xeral (busc-alma-servizoS@grupos.nube.usc.gal) a creación dunha ubicación temporal para o estante de novidades.

Os  códigos destas ubicacións poderan decidilos cada biblioteca, pero a denominación será a mesma para todas: Estante novidades

 

Xestión do estante de novidades

Unha vez recibidos e catalogados os exemplares na biblioteca, para colocalos no estante de novidades (ubicación temporal) debemos ir a  Servicios al ususario>Solicitudes de recursos>Escanear ejemplares

Selecionamos a segunda lapela Cambiar imformación del ejemplar. Cubrimos os campos Tipo de cambio, Ubicación e Plazo de devolución e a continuación escanamos o código de barras. Tamén é posible cambiar a política do exemplar mentres os exemplares se atopan na ubicación temporal

 

En ALMA os libros nunha localización temporal aparecen marcados cun reloxo antes do código da nova ubicación:

 

 

No catálogo Iacobus, o libro indica a nova ubicación (Estante de Novidades):

 

 

 

A reserva dun exemplar nunha ubicación temporal (Estante de novidades) por parte dun usuario, dende o catálogo Iacobus, é igual que a de calquera outro exemplar na biblioteca. En ALMA aparecerá entre os recursos para recoller do andel coa ubicación correspondente:

 

 

Ó escanear o exemplar o sistema recolocao no Estante de reservas, o usuario recibe o aviso correspondente e o libro queda listo para o préstamo.

Cando o usuario devolve o exemplar, podemos atoparnos con dúas situacións. Que o prazo de tempo establecido para a localización temporal (no estante de novidades) aínda non caducara. Neste caso, o escanear o exemplar ALMA devólveo ó Estante de novidades (ubicación temporal):

 

Se cando o usuario devolve o libro o prazo de tempo  establecido para a súa localización temporal no estante de novidades xa caducou, o sistema recoloca o libro na ubicación original (depósito ou andel na sala):

 

 

Unha vez vencido o prazo establecido para os exemplares en localización temporal (estante de novidades), estes apareceran en ALMA co resto de exemplares para recoller dos andeis e recolocalos no seu sitio (ubicación orixinal):

 

 

Tamén podemos devolver os exemplares a ubicación orixinal na opción Servicios al ususario>Solicitudes de recursos>Escanear ejemplares

Selecionamos a segunda lapela Cambiar imformación del ejemplar, e neste caso seleccionamos a opción Restaurar e escaneamos o código de barras:

 

Consulta/Lista dos exemplares no estante de novidades

Para deseñar unha consulta dos exemplares que están nunha ubicación temporal, temos que ter en conta que a información da ubicación temporal non desaparece do rexistro de exemplar cando este se devolve a súa ubicación permanente.

Para ver todos os exemplares que están actualmente nunha ubicación temporal (estante novidades) a busca debe ser:

(Ubicación física temporal es igual a ((Biblioteca XXXXX : Estante Novidades)) AND En ubicación temporal es igual a "Si"):

 

 

Unha vez no listado pódese filtrar a través das facetas os exemplares que se atopan prestados

Si queremos facer unha consulta para recuperar todos os exemplares que estiveron na ubicación temporal, pero xa voltaron a súa ubicación permanente, o deseño será:

(Ubicación física temporal es igual a ((Biblioteca XXXXX : Estante Novidades)) AND En ubicación temporal es igual a "No"):