A interface do asistente inclúe información complementaria e enlaces a contido de interese:

Panel esquerdo:
- Nota informativa cunha advertencia para ter en conta que, como todas as ferramentas baseadas en intelixencia artificial xenerativa, as respostas do asistente poden conter erros. Por iso, é importante contrastar sempre a información coas fontes orixinais e asegurarse de que é correcta e completa.
- Sobre o asistente de investigación: Información sobre a ferramenta.
- Privacidade e exención de responsabilidade: Información sobre as políticas de uso e privacidade da empresa propietaria da IA.
Panel dereito:
Información da biblioteca para citar calquera contido xerado por ferramentas de IA.
Enlace para deixar calquera comentario ao persoal da biblioteca