O uso é moi sinxelo: só hai que escribir unha pregunta o máis clara e detallada posible sobre temas académicos ou científicos no cadro de busca. É recomendable usar palabras clave e evitar preguntas demasiado xenéricas.
Exemplos:
Podes usar os filtros para delimitar a túa pregunta usando a icona de refinamento (por tipo de documento, por data, só recursos dispoñibles en liña) ou escribindo a restrición directamente na pregunta.
Exemplo: "Artigos publicados entre 2019 e 2024 sobre cambio climático."
Ademais de permitir seleccionar filtros dende a icona de refinamento, tamén permite incorporar filtros na pregunta de investigación. Poderiamos preguntar, por exemplo, "Inflúe a intelixencia artificial na creatividade dos estudantes? libros dos últimos 5 anos". Ao lanzar a busca os filtros aparecerán incorporados no menú de refinamento:
O asistente acepta preguntas en calquera idioma, que serán traducidas automaticamente ao inglés para buscar mellores resultados no ICD. As respostas serán xeralmente no idioma no que se fixo a pregunta, e as referencias estarán no idioma no que se atope na base de datos do ICD.
Tras introducir unha pregunta na caixa de busca, o Asistente de Investigación da Biblioteca devolve unha resposta estruturada en varias seccións:
O Asistente selecciona até cinco fontes dispoñibles a texto completo que considera relevantes para responder á pregunta. Aparecen en bloques azuis separados, indicando: tipo (artigo, libro, tese), título, autoría e ano de publicación.
As fontes serán accesibles cando estean en acceso aberto ou subscritas pola biblioteca. Se non é así poden solicitarse a través do Servizo de Préstamo Interbibliotecario e Fotodocumentación da BUSC.
Ao premer sobre unha fonte, aparece o resumo xunto con algunhas opcións engadidas:
Ao premer neste enlace desencadéase unha procura no catálogo Iacobus a partir da pregunta formulada. Adoita ser extensa e producir ruído documental (utiliza todos os termos da pregunta), pero sempre se pode reescribir e/ou refinar mediante facetas, filtros e as demais funcionalidades habituais do catálogo. Podes consultar a guía relativa a Iacobus para máis información.
É a resposta elaborada polo Asistente de Investigación á pregunta realizada por nós a partir das fontes que seleccionou. Cada unha das fontes seleccionadas é referenciada no texto a través do número preasignado (de 1 a 5). Picando sobre calquera número, tamén pode despregarse o resumo da fonte correspondente.
Nesta sección o asistente suxire outras preguntas relacionadas co tema que as persoas usuarias poden lanzar para atopar máis documentación:
Podemos facer unha nova pregunta sobre o mesmo tema con outro enfoque ou para tratar outro aspecto. Cada pregunta que se fai xera unha resposta independente, o asistente non ofrece respostas encadeadas. Todas as preguntas sobre un tema se gardan no historial de busca (panel esquerdo).
As persoas usuarias poden seleccionar as seguintes opcións desta sección:
O Asistente garda por defecto todas as preguntas que fagamos no Historial de investigación no panel esquerdo, e poderemos recuperalas premendo nelas.
Organízase da seguinte maneira:
A menos que se use a opción "Empece un tema novo", todas as preguntas dunha mesma sesión engadiranse a un único tema. O Historial mostra a primeira pregunta formulada e entre paréntese o número de preguntas sobre o mesmo tema:
Esta opción permite iniciar un novo tema de busca, cunha nova sesión que se engadirá ao historial de busca: