Ir ao contido principal

IA: Asistente de Investigación da Biblioteca

Guía descriptiva do uso da ferramenta Asistente de Investigación de Primo VE (Alma-Exlibris)

Que é o asistente de investigación da biblioteca?

O Asistente de Investigación é unha ferramenta baseada na intelixencia artificial xerativa (IA), que está integrada no buscador da biblioteca.

Esta ferramenta permite explorar contido académico formulando preguntas en linguaxe natural e obter respostas xeradas a partir de fontes científicas de calidade.

Pode ser un recurso rápido e eficiente, sobre todo para o estudantado dos primeiros cursos no momento de iniciar unha procura académica.

 

Que fai exactamente?

  • Interpreta preguntas académicas ou científicas usando a tecnoloxía do ChatGPT para identificar os recursos máis relevantes.
  • Ofrece unha resposta baseada nos resumos de publicacións científicas.
  • Mostra as referencias bibliográficas que permiten comprobar e ampliar a información.
  • Inclúe ligazóns directas das referencias ao catálogo Iacobus, para facilitar o acceso ao documento completo (se está dispoñible).
  • Permite relanzar a busca directamente no catálogo Iacobus para obter máis resultados.

 

Que tipo de contido ofrece?

Este asistente está centrado en contido académico e científico:

  • Artigos de revistas científicas.
  • Libros académicos, capítulos, teses de doutoramento.
  • Non inclúe patentes, artigos de prensa nin contido sen metadatos adecuados.
  • Non amosa documentos marcados como retractados nin contido de determinados provedores que non permiten a recolección pola IA.

 

Importante:

  • A ferramenta non busca en toda a Internet nin no catálogo completo da Biblioteca. Utiliza o Índice Central de Descubrimento (ICD), unha ampla base de datos con contidos académicos e científicos.
  • O contido xerado pola IA pode conter erros e a calidade pode variar. É importante verificar sempre as fontes e a resposta da IA.