ResearcherID é o identificador de autor da Web of Science.
O investigador pode crear un perfil estable onde asociar univocamente as súas publicacións, tanto se están indexadas na Web of Science como se non. Esta ferramenta proporciona tamén información sobre as citas recibidas e o índice H.
Os perfís da Web of Science son públicos, pero a información que se pode visualizar varía en función do tipo de acceso:
En WoS atopamos 2 tipos de perfís:
1. Perfís reclamados ou verificados polo autor (teñen unha marca verde ao lado do nome). Son estables e están creados e revisados polos propios investigadores. Só pode haber un por investigador. É o identificador que figurará no Portal da Investigación.
2. Perfís non verificados, xerados pola propia base de datos cando se incorporan os novos rexistros. Os artigos novos poden engadirse a estes perfís cando hai variacións na forma da firma do autor. O que ocorre é que se crea un ResearcherID non estable de carácter provisional. O investigador poderá solicitar a fusión co seu perfil verificado.
É importante que cada investigador teña un único perfil verificado no que figuren todas as publicacións súas existentes en WoS.