Para crear un perfil verificado ou ResearcherID non é obrigatorio ter publicacións en WoS, pero si é necesario facelo dende unha conta creada en WoS co correo institucional. Só dende esta conta poderemos crear, modificar, introducir ou eliminar elementos dun perfil.
Crear unha conta persoal permitiranos:
O primeiro paso é rexistrarse co correo institucional. Desde a páxina principal de WoS, na parte superior dereita, ir a "Registrarse".
Encher o formulario de rexistro e crear un contrasinal de acceso seguro.
Finalmente, verificar o enderezo de correo electrónico institucional e activar a conta.
Feito isto, xa podemos crear o perfil de investigador.
O primeiro será iniciar sesión coa conta institucional.
Sempre que iniciemos sesión, o noso nome aparecerá na esquina superior dereita da pantalla e a conta permanecerá activa ata que a pechemos.
Desprega o menú da esquerda da páxina que, unha vez identificado, transformarase en "Mi Web of Science". Diríxete a "Perfil" e na dereita de "Mi perfil de investigador", fai clic en "Editar".
Abrirase un formulario con catro lapelas:
Na primeira pestana, Editar perfil, aparecen as opcións de engadir foto, modificar nome/s, apelido/s, nome da organización á que pertences e tamén seleccionar que se mostre ou non o historial de organizacións.
É importante prestar especial atención a:
Lembra gardar os datos antes de continuar.
Na segunda lapela, Preferencias de publicación, é posible activar a opción de que se actualicen automaticamente as publicacións que se incorporan a WoS. Isto implica recibir correos electrónicos coas publicacións que se agreguen coa opción de validalas ou non. É moi recomendable atender estes correos e levar un control periódico do perfil.
Os artigos integrados mediante a xestión automática serán visibles só para o titular do perfil e terán unha marca vermella ata que sexan validados ou descartados. Nese momento, desaparecerá a marca e pasarán a ser visibles para todos os usuarios.
No terceiro apartado, Preferencias de revisión por pares, podemos engadir ao noso perfil de investigador os traballos de revisión por pares e de edición para revistas.
A última lapela, Sincronización de ORCID, permite a sincronización nas dúas direccións entre WoS e ORCID.
Recoméndase aos investigadores engadir o ORCID ao seu perfil, así como usalo sempre que poidan na sinatura de documentos. Isto axudará á correcta identificación tanto dos documentos como dos autores, aínda que, de momento, non sexa garantía dunha asociación axeitada.