RefWorks (versión antiga)
É importante que saiba que:
Se tes unha ou varias contas activas creadas en Legacy podes conservar todas as referencias, carpetas e formatos creados e trasladalos á nova versión.
O primeiro será crear unha conta no novo Refworks dende a páxina de Recursos da BUSC. É moi sinxelo, nesta guía se explica como.
1.- Dende a túa conta en Legacy, segue os pasos descritos no botón Actualizar a RefWorks para trasladar os teus documentos, formatos e carpetas.
2.- Dende a nova conta tamén podes importar facilmente todo o que teñas na antiga conta:
Se tes varias contas en RefWorks Legacy, realiza o proceso de actualización para cada unha das contas por separado. No novo Refworks cada antiga conta se integrará no “proxecto” que teñas aberto nese momento. Cada conta podes integrala nun proxecto distinto e mantelas independentes. Podes crear tantos proxectos como precises.
Axuda
Lembra que o persoal da biblioteca do teu centro pode aclararche dúbidas e axudarche a levar a cabo este proceso.