RefWorks Citation Manager (RCM) é un complemento para Microsoft Word que lle permite executar unha versión simplificada de RefWorks dentro de Word. RCM é unha versión máis nova e moderna de Write-n-Cite.
A comunidade da USC atopará no Word 365, tanto na versión para navegador como na de escritorio, a lapela RCM no menú principal.
Nos ordenadores de traballo dispoñibles nas instalacións da USC non é necesario instalar nada. Unicamente identificarse cos datos da conta de usuario de Refworks.

Para empregar o RCM nun ordenador persoal debemos instalar Office 365 (podemos instalalo ata en 5 dispositivos). Dende o web da USC entramos nos Servizos na nube coa nosa conta institucional. Localizamos o menú de Aplicacións, e prememos na icona superior dereita Instalar aplicaciones. Ábrese un menú no que seleccionaremos Aplicacións de Microsoft 365 e entre as opcións que ofrece, prememos en Aplicacións e dispositivos. Seleccionamos o noso dispositivo, idioma e versión de Windows e prememos en Instalar Office.

RCM permite:
Pódese ampliar máis información sobre esta aplicación no seguinte enlace.
