En Refworks podemos introducir referencias bibliográficas de diferentes formas:
Antes de proceder a importar referencias instalade “Save to Refwoks” tal e como se indica no seguinte vídeo.
A continuación indicamos os pasos a seguir para importar referencias dende IACOBUS, o catálogo da BUSC. Este proceso sería o mesmo dentro calquera outro catálogo de bibliotecas.
Lanza unha busca no catálogo da biblioteca. A forma de exportar a Refworks a lista dos resultados varía segundo desexes exportar un só rexistro, ou varios rexistros a un tempo.
Cando buscamos en Dialnet documentación para elaborar un traballo é importante que a selección de artigos, libros ou calquera outra referencia a importemos nese momento a Refworks, deste xeito, xa gardamos os documentos nun sitio único para posteriormente lelos. Aqueles que finalmente non se vaian empregar para o traballo débense eliminar de Refworks, coa finalidade de que no momento de realizar a Bibliografía final non aparezan reflictidos.
No exemplo que podemos ver no vídeo importamos un capítulo dun libro que se utilizou para facer o traballo. Se vos fixades, neste caso (non sempre ocorre) foi necesario corrixir o tipo de referencia xa que non era un Resumen de conferencia senón unha Sección de libro (que equivale a un capítulo).
Neste caso poñemos un exemplo da importación dunha base de datos suscrita pola USC, da área de Psicoloxía, PsycInfo. En bases de datos de acceso restrinxido aos usuarios dunha institución a exportación da referencia soe estar nun menú de opcións dentro da mesma referencia, como se aprecia no rexistro deste artigo que importamos a Refworks.
Outra das posibles opcións de introducir referencias en Refworks é a importación directa de documentos, sobre todo PDF de artigos ou capítulos de libros que puidemos descargar para ler. No seguinte vídeo realizase un expemplo deste caso, un ficheiro gardado no noso PC dun artigo de revista empregado para realizar o noso traballo.
Unha vez que temos gardadas as referencias, e antes de elaborar unha bibliografía, é recomendable comprobar que os datos que conteñen son correctos e corrixir os posibles erros.
As referencias poden editarse de forma individual ou en bloque.
Seleccionamos a referencia e prememos na icona do lápis, á dereita da pantalla.
Refworks amosa todos os campos da referencia e podemos modificalos e/ou completalos. Tamén podemos inserir un arquivo co texto completo do documento.
Tras realizar todos os cambios precisos prememos en Guardar.
Podemos modificar os campos dun bloque de referencias que se atopen nunha mesma carpeta ou incluso todas as referencias gardadas. Para iso, prememos en Edición en masa, dentro do menú Herramientas.
Podemos engadir ou substituir elementos nun determinado campo e/ou eliminar campos das referencias.
Tras realizar os cambios, prememos en Añadir datos, Eliminar datos ou Sustituir datos, segundo corresponda.