Ir ao contido principal

Letras Galegas 2008 - Xosé María Álvarez Blázquez

Cronoloxía

1915

Nace en Tui o día 5 de febreiro. Fillo de Darío Álvarez Limases e de María Blázquez Ballester. En Tui cursará os estudos primarios e o bacherelato.

1930

Publica os seus primeiros poemas en xornais de Pontevedra e Tui.

1931

Comeza os estudos de Maxisterio en Pontevedra.

1932

Publica o seu primeiro libro de poemas en castelán, titulado Abril.
Co seu amigo Xoán Vidal Martínez, funda en Pontevedra a revista literaria Cristal que duraría un ano.

1933

Entra na Federación de Mocedades do Partido Galeguista, cando contaba 18 anos.
Participa en múltiples iniciativas culturais, salientando a visita de García Lorca a Pontevedra, a quen admiraba profundamente e de quen gardou, como un tesouro, o exemplar da 1ª edición do "Romancero gitano" adicado polo autor "al joven poeta Xosé María Álvarez Blázquez".

1934

Remata os seus estudos de Maxisterio.
Influído e animado por Alexandre Bóveda, home da súa curmá Amalia Álvarez Gallego, e persoa que sería para Xosé María un vieiro de por vida, pronuncia en Pontevedra o discurso titulado Berro en lembranza dos herois de Carral co gallo do 88 aniversario dos fusilamentos. Este texto será publicado ese mesmo ano nun folleto que facía o Nº 1 das Publicacións da Federación das Mocedades Galeguistas.

1935

Obtén o seu primeiro destino como mestre na Guarda (Pontevedra).

1936

Ingresa no Partido Galeguista.
É destinado á escola das Olivas (Tui).
Remata o libro de contos Os ruíns que ía ser publicado nas Edicións Nós.
Por mor da Guerra Civil o editor Anxel Casal é fusilado e desaparece a editorial. A obra perdeuse sen gardar o autor copia do orixianal.
Comeza por libre na Universidade de Santiago os estudos de Filosofía e Letras, interrompidos pola Guerra e que nunca poderá rematar.
O 17 de agosto é asasinado o seu primo político Alexandre Bóveda.
O 30 de outubro de 1936 é fusilado seu pai, Darío Álvarez Limases, militante de Izquierda Republicana e médico forense do Concello de Tui.

1937

É destinado como mestre á escola de Coia (Vigo), onde xamáis exercerá.
En decembro é sancionado polo goberno de Franco, con suspensión de emprego e soldo, e desterrado á escola de Coreses (Zamora). Sen tomar posesión da mesma ten que voltar para facer o Servizo Militar no Hospital Militar de San Caetano, onde nun principio será destinado ás oficinas e rematará exercendo con maestría de enfermeiro.

1938

Ten que tomar posesión da súa escola de Coreses (Zamora). Tratábase, sen dúbida, dun desterro por ser galeguista.

1941

Morre o seu irmán Celso, represaliado co destino ás peores batallas na Guerra, onde enfermará dunha tuberculose pulmonar que o matará con 27 anos.
Publica El crimen de la isla verde.

1942

Pide a excedencia voluntaria e volta a Galicia o 31 de xaneiro. Instálase en Vigo coa súa familia que abandona Tui. Monta cos seus irmáns unha fábrica de ladrillos e tellas en Nigrán, que pecha en 1945.

1945

Empeza a traballar como Secretario da Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, no barrio do Berbés.
Presenta a novela en castelán En el pueblo hay caras nuevas á 1ª edición do Premio Nadal de Novela en Barcelona. Queda finalista gañando o premio cun só voto de diferencia Carmen Laforet.

1946

Casa con María Luisa Cáccamo Frieben.

1947

Estrea dúas obras de teatro en español, escritas en colaboración co seu irmán Emilio:

  • El zapato de cristal : cuento escenificado, representada por primeira vez no Teatro García Barbón de Vigo o día 2 de xaneiro.
  • Los pazos altivos : comedia en tres actos, en verso, estreada no Teatro Jovellanos de Xixón o 11 de xuño.

A pesares das boas críticas da época, os irmáns Álvarez Blázquez non volverán a escribir obras de teatro.

1948

Funda con Luís Viñas Cortegoso a Librería Monterrey, que sería ata a súa desaparición no ano 1979 unha institución na cidade de Vigo.
O 2 de maio nace a súa primeira filla María Luísa (Colorín).

1949

O 17 de abril é nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.
Tamén o nomean Comisario de Excavacións Arqueolóxicas de Vigo, cargo que mantería de por vida.
Publica, conxuntamente co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de mín, curioso e fermoso libro con dúas portadas independentes para cada autor.

1950

En sociedade con Luís Viñas Cortegoso, funda a Editorial Monterrey que tivo unha importancia decisiva no rexurdir das letras galegas nos anos 50.
Nesta editorial publica Roseira do teu mencer adicada á súa filla Colorín.
Nace o segundo fillo, Xosé María Álvarez Cáccamo.
Gaña o primeiro premio dos "Juegos Florales" de Vigo polo seu estudo Hechos y figuras de Vigo.

1952

Dirixe as excavacións no Castro de Vigo, co descubrimento dun importante hábitat que foi o xermolo da cidade.
Publica a novela Una cabaña en el cielo.
Publica o volume Escola medieval galego-poruguesa (1198-1346) da Escolma de poesía galega.
Nace o seu terceiro fillo, Alfonso.

1953

Sendo Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo e como consecuencia de levantar o empedrado da Rúa Pontevedra áchanse preto dunha decena de estelas funerarias romanas que, unha vez catalogadas, se instalaron no Museo Quiñones de León en Castrelos (Vigo), onde se atopan na actualidade.
Participa no III Congreso Arqueolóxico Nacional celebrado en Vigo. É importante o número de publicacións súas sobre temas arqueolóxicos.
Publica o Cancioeiro de Monfero : (Século XIII), onde imita a lengua e recursos dos trobeiros galego-portugueses con tal perfección que logra confundir aos seus coetáneos.
Comenza a súa colaboración en programas radiofónicos. Colabora ca BBC de Londres falando de temática galega.

1954

Nace a súa cuarta filla, María Helena.
Obtén o Premio Pondal do Centro Galego de Bos Aires polo seu libro Canle Segredo, obra que non se publicará ata 1976.
Participa no III Congreso Internacional de Poesía celebrado en diversas cidades galegas.
Publica o Romance do pescador peleriño.

1955

Publica a súa terceira novela Las estatuas no hablan.
Obtén o Premio Galdós de novela pola súa obra Crecen las aguas.

1956

Participa no I Congreso Internacional de Etnografía e Folclore celebrado en Braga.
Publica Crecen las aguas, aínda que o Premio Galdós contemplaba nas súas bases a publicación da obra, tivo que publicala pola súa conta.

1958

Obtén o Premio Álvarez García de Biografía da Asociación da Prensa de Vigo polo seu traballo Martín Códax, cantor del mar de Vigo.
Nace o seu quinto fillo, Celso.
Participa no Coloquio de Estudos Etnográficos Dr. Leite de Vasconcelos, celebrado no Porto.
Mantivo unha emisión semanal Ventana al mar, na emisora La Voz de Vigo.

1959

Intervén no Congresso Histórico de Portugal, Medievo, celebrado en Braga.
Publica o segundo tomo de Escolma de poesía galega titulado A Poesía dos Séculos XIV ao XIX : (1354-1830)
Na emisora La Voz de Vigo ten un programa cotiá sobre cultura galega que se chama Buenas tardes, Galicia.

1960

Obtén o Premio López Cuevillas no 1º Certamen Literario del Miño, de Lugo, co conxunto de contos Mauro el barquero, que non foi publicado.
Acada o Premio Blas Agra da Asociación da Prensa de Vigo polo seu traballo Historia del periodismo vigués, tampouco publicado.
Obtén así mesmo o Premio Ramón Mourente polo seu traballo Datos para la biografía del poeta Añón.
Obtén tres premios de poesía nos Jugos Florais Galego-Portugueses celebrados en Guimaraes polos poemas Xohaniña, Lembranza e loubor da terra e Poemas sen voz que foron logo incorporados ao poemario Canle segredo.
Publica o estudo histórico etnográfico La ciudad y los días : calendario histórico de Vigo. Antes aparecera publicado ao longo do ano 1956 en entregas cotiás no Faro de Vigo.
Mantivo unha emisión diaria en Radio Vigo chamada Cada día tiene un suceso.

1961

Obtén o Premio Álvarez García da Asociación da Prensa de Vigo polo traballo que permanece inédito Emilio García Olloqui : estudio biográfico.
Nun programa diario en Radio Vigo comenta o Refraneiro galego.

1962

O día 24 de xuño é elixido membro numerario da Real Academia Galega para ocupar a vacante deixada por Aquilino Iglesia Alvariño.
No seu programa Reloj de sol en Radio Vigo daba a coñecer diariamente temas literarios, históricos e artísticos referidos a Galicia.
O 1 de setembro nace a súa derradeira filla, Berta.

1963

Participa no Congresso Internacional de Etnografia celebrado en Santo Tirso (Portugal) e nos Primeiros Coloquios Etnográficos de Matosinhos.
Reloj de arena é a emisión diaria que durante 1963 e 1964 mantén en Radio Vigo adicada a temas culturais e históricos.

1964

Con capital de todos os irmáns Álvarez Blázquez fúndase Edicións Castrelos. Tratan de editar obras de elaboración máis barata, fronte ás obras case artesanais de Editorial Monterrey e comenza a publicar a Colección Cuadernos de Arte Gallego, que daban a coñecer o patrimonio artístico, histórico e etnográfico de Galicia.
Participa no II Coloquio de Matosinhos co traballo O romance de Silvaniña en Galicia.
O 28 de novembro le o seu discurso de ingreso como Membro Numerario da Real Academia Galega titulado Cantores e romances vellos prosificados.

1966

Os problemas económicos da familia aumentan e neste ano acepta o traballo de delegado de vendas para Asturias da empresa Pescanova S.A. polo que se traslada a Oviedo. Tamén consegue un empleo na empresa de publicidade Gil Lus. No verán de 1966, e por razóns similares, emigra a Caracas o seu amigo Celso Emilio Ferreiro.

1967

A súa filla mayor e o seu sogro enferman de gravidade. Estes acontecementos fan que a familia regrese a Vigo.
Decide consolidar Edicións Castrelos e crea novas coleccións, O MouchoPombal, e posteriormente Pico Sacro e Mogor co que se enriquece enormemente o mundo editorial galego.
Pombal destinouse nun principio á recuperación dos clásicos da nosa literatura, aínda que logo tamén publicou obras de autores vivos ata case un total de 40 títulos.
O Moucho tentaba difundir a literatura popular. Saíron do prelo 52 obras. O Nº 1 foi "Catecismo do labrego" de Valentín Lamas Carvajal con grandes vendas en toda Galicia. A Serigrafía Gallega de Álvaro Álvarez Blázquez era a encargada de elaborar as portadas.
Pico Sacro e Mogor foron dúas coleccións de poesía, un atrevemento nunha época na que as editoriais non arriscaban en obras desta naturaza.
Ademais, Edicións Castrelos encargábase tamén da distribución dos libros de varias pequenas editoriais galegas, das edicións de Viale Moutinho e dalgunhas obras publicadas na Arxentina e prohibidas aquí, como "Sempre en Galiza", de Castelao.

1968

Con 53 anos volve ao ensino como profesor de Formación Humanística no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo.
Traballa intensamente na investigación e ordenación de textos inéditos ou pouco coñecidos dos Séculos Escuros.
Obtén un premio da Deputación Provincial da Coruña polo seu labor como editor e investigador.

1969

Nos meses de xullo e agosto viaxa a Bos Aires, Mendoza e Mar de Plata convidado polo Centro Galego de Bos Aires para participar en varios actos e dar diversas conferencias con éxito notable. Aproveita a viaxe para desprazarse, na volta, ata Caracas para visitar ao seu sobriño Darío Álvarez Gándara e a Moraima e Celso Emilio Ferreiro. Logo viaxa a Miami para encontrarse co seu curmán Xerardo Álvarez Gallego.

1970

Morre a súa primeira filla, Colorín, e tamén o seu sogro, Pedro Cáccamo Ambrossino.
O 22 de abril é nomeado por oposición profesor de Cultura Xeral do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo.
Dirixe escavacións arqueolóxicas no Castro de Vigo e illa de Toralla, e organiza a clasificación e catalogación do material que está depositado no Museo Quiñones de León de Castrelos.

1971

Publica A pega rabilonga e outras historias de tesouros.
Obtén o Premio Ciudad de Vigo por unha serie de artigos sobre a cidade publicados ao longo do ano no Faro de Vigo.

1976

É nomeado Cronista Oficial da Cidade de Vigo.
Publica Canle segredo.

1978

Asume a reedición de dous libros que falan da historia da cidade:
Reseña de la Reconquista de Vigo de Félix Estrada Catoyra do que tamén escribiu o prólogo, e Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo y su ría y alrededores de Nicolás Tabeada y Leal.

1979

Véndelle a Editorial Galaxia o fondo editorial de Edicións Castrelos.
Falece o seu irmán Darío e o seu amigo Celso Emilio Ferreiro.

1980

Comeza a traballar na organización dunha futura Hemeroteca de Vigo á que donará documentación, e no Arquivo Gráfico e Documental de Vigo ao que tamén legará parte do fondo documental persoal.
É nomeado vocal representante de ICONA para a conservación dos restos Arqueolóxicos das Illas Cíes.

1981

É nomeado membro do Instituto de Estudos Gallegos Padre Sarmiento.
É nomeado Xefe do Departamento de Historia de Vigo y su Comarca, do Museo Quiñones de León de Castrelos, Vigo.
O 24 de maio recibe, con Xosé Martínez López, o Pedrón de Ouro.

1982

Publica Alexandro Bóveda : apunte biográfico.
Viaxa a Lorient para participar nos actos de irmandade entre Lorient e Vigo.

1983

Xubílase como profesor do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo.
Forma parte, no derradeiro lugar da lista, da candidatura presentada polo Partido Galeguista ás eleccións municipais de Vigo.

1985

O 2 de marzo falece no Hospital Xeral de Vigo, vítima dun infarto de miocardio.

Información recollida de:

  • Xosé María Álvarez Blázquez : escritor, conferenciante, editor, arqueólogo, investigador, galeguista de aceiro e pedra fina / Alfonso Álvarez Cáccamo. – Vigo : Ir Indo, D.L 1994
  • Castrelos : Revista do Museo Municipal Quiñones de León, Nº 0