Ir ao contido principal

Citar en estilo Vancouver

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo Vancouver

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Referencias de documentos impresos

MODELO

Apelido(s) Iniciais do nome. Título do libro. Edición. Lugar de publicación: Editorial; Ano.

*Nota: No caso en que as persoas autoras sexan máis de tres, pódense mencionar todos/as ou só os/as tres primeiros/as, engadindo despois do terceiro "et al." ou "and others".

Exemplos:

Jiménez Murillo L, Montero Pérez FJ. Compendio de Medicina de Urgencias: guía terapéutica. 2ª ed. Madrid: Elsevier; 2005.

Martín-Lacabe I, García-Caballero T. Atlas de inmunohistoquimica: caracterización de células, tejidos y órganos normales. 2 vols. Madrid: Díaz de Santos; 2012.

MODELO: Se os autores do capítulo son tamén de todo o libro:

Apelido(s) Iniciais das persoas autoras. Título do libro. Edición. Lugar de publicación: Editorial; ano de publicación. Nome e nº da parte, Título da parte; Páxinas inicial-final.

*Nota: Capítulos, seccións, táboas, gráficos, fotografías, apéndices e semellantes son considerados parte dun libro cando están escritos ou compilados polos/as autores/as do libro.

Exemplos:

Mayan Santos JM, Millán Calenti JC. La Asistencia geronto-geriátrica en Europa, niveles asistenciales gerontológicos, legislación sanitaria para auxiliares de enfermería. Santiago de Compostela: Instituto Xerontolóxico Galego; 1993. 2, Legislación sanitaria; p. 37-50

Lashley FR. Clinical genetics in nursing practice. 3rd ed. New York: Springer Publishing Company; 2005. Figure 2.5, Meiosis with two autosomal chromosome pairs; p. 27-8. (no caso dunha figura)

 

MODELO: Se as persoas autoras achegan só unha contribución a un libro coordinado por outras persoas:

Apelido(s) Iniciais das persoas autoras. Contribución ou capítulo. En: Apelido(s) Iniciais das persoas coordinadoras ou editoras. Título do libro completo. Lugar de publicación: Editorial; ano de publicación. Páxinas inicial-final

Exemplos:

Sandalcidi D, Dommerholt J. Punción seca profunda de los músculos de la cadera, la pelvis y el muslo. En: Dommerholt J, Fernández de las Peñas C, Gerwin R, editores. Punción seca de los puntos gatillo: una estrategia clínica basada en la evidencia. Barcelona: Elsevier; 2013. p.137-154.

MODELO:

Apelido(s) Iniciais das persoas autoras. Título do artigo. Título abreviado da revista. Data de publicación (día mes abreviado ano); Volume(Número ou Fascículo): Páxinas inicial-final.

*Notas:

No caso en que as persoas autoras sexan máis de seis, pódense mencionar todas ou só as tres -ou seis primeiras- engadindo despois da terceira, -ou da sexta- "et al." ou "and others".

Para escribir o título dunha revista utilizarase a lista de abreviaturas internacionais que aparecen na Journals Database de PubMed

 

Exemplos:

Medrano MJ, Cerrato E, Boix R, Delgado-Rodríguez M. Factores de riesgo cardiovascular en la población española: metaanálisis de estudios transversales. Med Clin (Barc). 2005; 124(16): 606- 12.

Bech J, Poschenrieder C, Llugany M, Barceló J, Tume P, Tobías FJ, et al. Arsenic and heavy contamination of soil and vegetation around a cooper mine in Northern Peru. Sci Total Environ. 1997; (203):83-91. (máis de 6 autores)

MODELO

Apelido (s) Iniciais do nome. Título da tese. [Tese doutoral]. Lugar de publicación: Editorial; ano

 

Exemplo:

García Abuín A. Carbón dioxide capture by means of cyclic organic nitrogen compounds. [Tese doutoral]. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela; 2012

MODELO:

Autor/a(s), inventor/a; titular da patente. Título da patente. País de expedición da patente código do país número da patente. Data de publicación.

Exemplo:

Joshi RK, Strebel HP, inventores; Fumapharm AG, titular. Utilización de derivados de ácido fumárico en la medicina de trasplante. Patente Europea. ES 2195609T3. BOPI 1-12-2003.

 

 

MODELO:

Autor/a(s) da comunicación/relatorio. Título da comunicación/relatorio. En: Título oficial do Congreso. Lugar de publicación: Editorial; ano. páxina inicial-final da comunicación/relatorio.

Exemplo:

Anderson JC. Current status of chorion villus biopsy. En: Proceedings of the 4th Congress of the Australian Perinatal Society, Mothers and Babies; 1986 Sep 8-10; Queensland, Australia. Berlin: Springer; 1986. p. 182-191.

 

Para a citación de documentos legais, a National Library Medicine recomienda seguir o sistema de citación proposto por “The Bluebook: a uniform system of citation” (18th ed. Cambridge (MA): Harvard Law Review Association; 2005). 
O esquema xeral para a descripción de calquera documento legal é o seguinte: 

MODELO:

Título da lei/decreto/orde... Nome do Boletín, número do Boletín onde se publicou, (data da publicación).

 

EXEMPLOS:

Lei aprobada.
Estatuto Marco del personal estatutario de los servicios de salud. Ley 55/2003 de 16 de diciembre. Boletín Oficial del Estado, nº 301, (17-12-2003).

Ley 10/1986, de 17 de marzo, sobre Odontólogos y otros profesionales relacionados con la salud dental. Boletín Oficial del Estado, número 68, (20 de marzo de 1986). 


Orde.
 Orde do 7 de xullo de 2004 pola que se crea a Comisión de Coordinación de Calidade da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Diario Oficial de Galicia, nº 138, (19 de xullo de 2004).

Referencias de documentos electrónicos

MODELO:

Apelido(s) Iniciais do/a(s) autor/a(s). Título do artigo. Título abreviado da revista [Internet]. Data de publicación [Data de consulta]; Volume (Número ou Fascículo): Paxinación. Dispoñible en: http://www.xxxx

*Notas:

As datas de publicación e consulta exprésanse no formato día mes abreviado ano.

Poden utilizarse as palabras “consultado” ou “citado”.

Exemplos:

Núñez Iglesias MJ, Mañá P, Liñares D, Riveiro MP, Balboa J, Suárez-Quintanilla J, et al. Music, immunity and cancer. Life Sci [Internet]. 2002 Xul [consultado 5 feb. 2013];71(9):1047-1057. Dispoñible en: http://ac.els-cdn.com/S0024320502017964/ 1-s2.0- S0024320502017964- main.pdf?_tid= 51d87a2c-6f72-11e2-97a2- 00000aacb361& acdnat=1360054936_5afe4bd63d1b63 91451e6c1651c1275f

-Francés I, Barandiarán M, Marcellán T, Moreno L. Estimulación psicocognoscitiva en las demencias. An Sist Sanit Navar [Internet]. 2003 sept.-dic. [consultado 19 oct. 2005]; 26(3). Disponible en: http://www.cfnavarra.es/salud/anales/textos/vol26/n3/revis2a.html

MODELO:

Apelido(s) Iniciais do/a(s) autor/a(s). Título do libro [Internet]. Edición/Versión. Lugar de publicación: Editorial; Data de publicación. [Data de consulta]. Dispoñible en: http://www.xxxx

 

Exemplos:

Abbas AK, Lichtman AH, Pillai S. Inmunología celular y molecular [Internet]. 7ª ed. Barcelona: Elsevier; 2012. [Consultado 1 Set. 2015]. Dispoñible en: https://www.dawsonera.com/abstract/9788490220054

Patton LL, editor. The ADA practical guide to patients with medical conditions [Internet]. Ames (Iowa): Wiley-Blackwell; 2012. [Consultado 1 Set. 2015]. Dispoñible en: https://www.dawsonera.com/readonline/9781118245316/startPage/307

Concise medical dictionary [Internet]. 8th ed. Oxford: Oxford University Press; 2014; [Consultado 2 Set. 2015]. Dispoñible en: http://www.oxfordreference.com/view/10.1093/acref/9780199557141.001.0001/acref9780199557141?rskey=hDNVix&result=2

 

MODELO: Se as persoas autoras do capítulo son tamén de todo o libro:

Apelido(s) Iniciais das persoas autoras. Título do libro [Internet]. Edición/Versión. Lugar de publicación: Editorial; Data de publicación. Número da parte, Título da parte; [Data de consulta da parte]; Páxinas [ou Número aproximado de pantallas]. Dispoñible en: http://www.xxxx

*Nota: Capítulos, seccións, táboas, gráficos, fotografías, apéndices e semellantes son considerados parte dun libro cando están escritos ou compilados polos/as autores/as do libro.

Exemplos:

Abbas AK, Lichtman AH, Pillai S. Inmunología celular y molecular [Internet]. 7ª ed. Barcelona: Elsevier; 2012. Capítulo 5, Anticuerpos y antígenos; [Consultado 1 set. 2015]; p. 100-09. Dispoñible en: https://www.dawsonera.com/abstract/9788490220054

-Patton LL, editor. The ADA practical guide to patients with medical conditions [Internet]. Ames (Iowa): WileyBlackwell; 2012. Table 15.1, Oral side effects and interaction of drugs used in neurodevelopmental disorder [Consultado 1 set. 2015]; p. 310-11. Dispoñible en: https://www.dawsonera.com/readonline/9781118245316/startPage/307

MedlinePlus: Información de salud para usted [Internet]. Bethesda (MD): National Library of Medicine (US), [1950] - . Diabetes en niños y adolescentes; [revisado 11 Xuñ 2014; actualizado 24 Xuñ 2015]. Dispoñible en: http://www.nlm.nih.gov/ medlineplus/ spanish/diabetesinchildrenandteens.html

 

MODELO: Se as persoas autoras achegan só unha contribución a un libro coordinado por outras:

Apelido(s) Iniciais das persoas autoras. Contribución ou capítulo. En: Apelido(s) Iniciais do/a(s) coordinador/a(s) ou editor/a(s). Título do libro completo [Internet]. Lugar de publicación: Editorial; ano de publicación; [Data de consulta]; Páxinas. Dispoñible en http://www.xxxx

 

Exemplo:

Piqueras Sánchez C. La biomecánica como herramienta de evaluación objetiva. En: Delgado Bueno S, Montes de Oca Hernández D, Pérez Mallada N. Biomecánica en medicina laboral [Internet]. [Madrid]: ADEMAS Comunicación; 2011; [Consultado 1 set. 2015]; p. 143-158. Dispoñible en: http://www.baasys.es/ig/biomecanica-medicina-laboral.pdf

MODELO (sitio web):

Apelido(s) Iniciais das persoas autoras. Título da páxina web [Internet]. Lugar de publicación: Editorial; Data de publicación [Data de actualización ou revisión; Data de consulta]. Dispoñible en: http://www.xxxx

 

Exemplo:

Sociedad Española de Enfermería Oncológica [Internet]. Madrid: SEEO; c2009-2012 [consultada 16 Xan 2013]. Dispoñible en: http://www.seeo.org

 

MODELO Blog):

Autor/a(s) (persoa ou organización). Nome do blog [Internet]. Lugar de publicación: editor/a. Data de publicación. [data de acceso]. Dispoñible en: URL

 

Exemplo:

Holt M. The Health Care Blog [Internet]. San Francisco: Matthew Holt. 2003 Oct - [cited 2009 Feb 13]. Available from: http://www.thehealthcareblog.com/the_health_care_blog/.

 

MODELO:

Autor/a da contribución. Título da contribución. Data da publicación da contribución [data da citación]. En: autor/a ou editor/a do blog [Tipo de medio]. Lugar de publicación: Editor/a. Data de publicación -  [data de acceso]. Dispoñible en: URL

 

Exemplo:

Sociedad Española de Enfermería Oncológica [Internet]. Madrid: SEEO; c2009-2012. Formación: Guía práctica clínica [consultado: 16 Xan 2013]. Dispoñible en: http://www.seeo.org/formacion/files/guia/

Mantone J. Head trauma haunts many, researchers say. 2008 Jan 29 [cited 2009 Feb 13]. In: Wall Street Journal. HEALTH BLOG [Internet]. New York: Dow Jones & Company, Inc. c2008 - . [about 1 screen]. Available from: http://blogs.wsj.com/health/2008/01/29/head-trauma-haunts-manyresearchers-say/. 

MODELO:

Autor/a(s) da comunicación/relatorio. Título da comunicación/relatorio. En: Título oficial do Congreso. [Internet]. Dia(s) mes, ano de celebración; lugar de publicación: Editorial; ano de publicación [consultado día de mes de ano]. p. paxina_inicial-páxina_final.

 

Exemplo:

Christensen S, Oppacher F.  An analysis of Koza’s computational effort statistic for genetic programming. En: Foster JA, Lutton E, Miller J, Ryan C, Tettamanzi A, editores. Genetic programming. EuroGP 2002: Proceedings of the 5th European Conference on Genetic Programming [Internet]. 3-5 abril 2002; Kinsdale, Ireland. Berlin: Springer; 2002 [consultado 20 de septiembre de 2020]. p. 182-191. Dispoñible en: https://eureka.upo.es/permalink/34CBUA_UPO/1qnd2ds/alma991001877908804989

As ferramentas de IA xenerativa son cada vez máis usadas no contexto académico e investigador. O Comité de Ética nas Publicacións (COPE, siglas en inglés de Committee on Publication Ethics), organismo centrado en promover prácticas éticas nas publicacións científicas, difundiu as seguintes consideracións a ter en conta: 

  • As ferramentas de IA non poden constar como autoras dun artigo. Non poden asumir a responsabilidade do traballo, nin declarar a existencia de conflitos de interese ou xestionar acordos de dereitos de autor e licencias.   
  • As/os autoras/es que utilicen ferramentas de IA na redacción dun manuscrito, a produción de imaxes ou elementos gráficos, ou na recompilación e análise de datos, deben actuar con transparencia e reflectilo na sección de “Materiais e métodos” ou similar. Indicarase a ferramenta escollida e como se empregou.
  • As/os autoras/es son completamente responsables do contido do manuscrito, incluso das partes producidas por unha ferramenta de IA, incluíndo calquera inexactitude, falsidade ou incumprimento ético na publicación. 

Para citar as ferramentas IA nos estilos nos que non publicaron recomendacións ao respecto, como ocorre co estilo Vancouver, poderíase seguir a mesma lóxica que na citación dun software. 

MODELO:

(#) Nome da organización ou responsable. Nome da ferramenta/recurso [Internet]. Versión/data última actualización. Dispoñible en: https//url do recurso [data de consulta] 

Exemplo:

(8) PerplexityAI. Perplexity [Internet]. 2025. Dispoñible en: https://www.perplexity.ai/ [consultado 16 maio 2025] 

 

No apartado ExerCITA! da guía de Citas e referencias bibliográficas,, atoparás as recomendacións sobre como citar a IA en cada estilo.