Ir ao contido principal

Citar en estilo Vancouver

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo Vancouver

CITAS

O estilo Vancouver utiliza un método de cita numérico que implica que as referencias deben estar numeradas consecutivamente seguindo a orde na que se mencionan no texto, utilizando números arábigos entre parénteses, corchetes, ou como superíndice (1), [1,2 ], [1-4] ao final da cita. Así permite a identificación do documento orixinal e a súa localización na lista de referencias ordenadas numericamente ao final do traballo.

 

CITA DIRECTA OU TEXTUAL: REPRODUCE AS PALABRAS EXACTAS DA FONTE DE INFORMACIÓN.

O parágrafo ten menos de 4 liñas

Péchase dentro do texto entre “comiñas”.

Ao final da cita, engádese o número entre parénteses (1), corchetes [1], ou superíndice 1.

Exemplo:

"Un bo título dun traballo científico é aquel que se define como o menor número posible de palabras que describen axeitadamente o contido dun artigo” [1]

Referencia bibliográfica ao final do texto: Day RA, Gastel B. Como escribir y publicar trabajos científicos. Washington, DC: Organización Panamericana de la Salud, 2008. p. 45

 

O parágrafo ten máis de 4 liñas

Escríbese todo o texto, sen comiñas, nun parágrafo aparte, con sangrado a dereita e esquerda, e tipografía máis pequena.

Ao final da cita, engádese o número entre parénteses (1), corchetes [1] , ou superíndice1

Exemplo:

Texto do traballo texto do traballo texto do traballo texto do traballo texto do traballo texto do traballo.

Texto do traballo texto do traballo texto do traballo texto do traballo.

Centrándonos en el conocimiento científico, que es tu objetivo esencial en la universidad, estudies lo que estudies, ¿en qué consiste la ciencia? Es una representación o descripción de la realidad altamente depurada y fiable por haber sidogenerada en el seno de comunidades de expertos mediante procedimientos contrastados y abiertos a la crítica. La ciencia en cuanto descripción del mundo es la parte más exacta de la cultura humana y por tanto la que permite manipularlo o transformarlo de forma más eficaz [1].

Texto do traballo texto do traballo texto do traballo texto do traballo.

Referencia bibliográfica ao final do texto:

Martínez LJ. Cómo buscar y usar información científica: Guía para estudiantes universitarios. Santander: E-LIS, 2013. p. 10

 

En toda cita directa hai que reproducir textualmente o que di o material citado, incluíndo a ortografía e a puntuación.

CITA INDIRECTA OU PARÁFRASE

Cando se parafrasea ou se toma unha idea do traballo doutro/a autor/a ou entidade hai que citalo, aínda que non se copie literalmente o texto, introducindo o número de cita nun lugar axeitado do texto.

A cita pode ser resumida ou contextual: resume ou expresa as ideas dun autor coas nosas propias palabras.

Exemplo

No texto: Snail1 and Snail2 belong to the Snail superfamily of zinc finger transcription factors [1] and have emerged as important repressors of E-cadherin and inducers of epithelial to mesenchymal transition (EMT) [2–3].

Referencias bibliográficas ao final do texto:

1. Nieto MA. The snail superfamily of zinc-finger transcription factors. Nat Rev Mol Cell Biol. 2002;3:155–166.

2. Barrallo-Gimeno A, Nieto MA. The Snail genes as inducers of cell movement and survival: implications in development and cancer. Development. 2005;132:3151–3161.

3. Peinado H, Olmeda D, Cano A. Snail, ZEB, and bHLH factors in tumour progression: an alliance against the epithelial phenotype? Nat Rev Cancer. 2007;7:415–428.

Lembra!! Cada cita no texto ten que aparecer na listaxe de referencias ao final do traballo.