Ir ao contido principal

Citar en estilo Vancouver

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo Vancouver

Por qué citar?

Para preparar calquera traballo é necesario que consultemos información xa dispoñible, xa publicada, é dicir, que o documentemos. Pero cando utilizamos esa información allea (un artigo, un libro, unha web, etc.) ao redactar o noso propio texto, tanto se incluímos frases literais coma se resumimos unha idea ou a parafraseamos, debemos declarar de onde a tomamos, é dicir, debemos citar a fonte, a procedencia.

Hai que poñer polo tanto citas das fontes ao longo do texto, e tamén referencias dos traballos e bibliografía ao pé da páxina  ou ao final do documento.

Para facelo dun xeito coherente debemos utilizar un dos formatos ou estilos recoñecidos. No seguinte apartado, podedes ver os diferentes estilos e normas de citación, e os máis utilizados en cada área de coñecemento.

Nesta guía explicaremosvos o estilo de citas Vancouver.

Estilos ou normas de citas

Hai moitos e variados estilos ou normas de citación e referencia.

Algúns proceden dunha institución internacional que elabora un modelo de cita e referencia para as súas publicacións ou as dun determinado campo de coñecemento. Imos ver que estilos podemos atoparnos:

  • Estilo APA, desenvolvido pola American Psychological Association (APA). Este estilo emprégase fundamentalmente no campo da psicoloxía, ciencias sociais e humanidades.
  • Estilo MLA (Modern Language Association), empregado en lingüística e filoloxía.
  • Estilo Vancouver, moi empregado en publicacións de medicina e biomedicina. Este estilo desenvolveuno o International Committee of Medical Journal Editors (ICMJE).
  • Estilo IEEE, desenvolvido polo Institute of Electrical and Electronics Engineers para as súas revistas. Tamén se emprega noutras publicacións de enxeñaría.
  • Estilo Chicago e Estilo Harvard, son estilos creados polas prestixiosas universidades que levan o seu nome para que os seus alumnos e profesores empregaran a normativa elaborada pola propia universidade.
  • Norma AENOR 2013 e ISO 210, que marcan as pautas para a cita e referencia de documentos impresos e electrónicos. Estas non se consideran un estilos en si mesmos, sen embargo serven de base para un gran número de estilos que levan o apelido ISO 690.

PARA SABER MÁIS... Citas e referencias bibliográficas (Guía da BUSC) 

ESTILO VANCOUVER

O estilo Vancouver é o estilo de citas máis utilizado na área das Ciencias Biomédicas: recolle as normas de citación baseadas no estilo da National Library of Medicine, quen publicou no ano 2007 Citing Medicine, onde se poden ver os detalles do estilo de citación, e que está dispoñible na súa página web.

  • Cada un dos documentos citados no texto deben levar un número asinado, ou un superíndice, que se establece por orden de citación. De modo que cando citamos unha obra máis dunha vez, utilizarase o mesmo número.
  • A orde das citas é a orde de aparición no texto
  • Se unha referencia citouse anteriormente no texto, adxudicaselle o mesmo número correlativo que á primeira cita.

No seguinte recadro pódense ver exemplos de cita, referencia bibliográfica e listaxe de referencias bibliográficas.

CITA

Centrándonos en el conocimiento científico, que es tu objetivo esencial en la universidad, estudies lo que estudies, ¿en qué consiste la ciencia?[1] Es una representación o descripción de la realidad altamente depurada y fiable por haber sido generada en el seno de comunidades de expertos mediante procedimientos contrastados y abiertos a la crítica [2]. La ciencia en cuanto descripción del mundo es la parte más exacta de la cultura humana y por tanto la que permite manipularlo o transformarlo de forma más eficaz [3].

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA

Martínez LJ. Cómo buscar y usar información científica: Guía para estudiantes universitarios. Santander : E-LIS; 2013. p.10

Bosch F. Presentaciones orales en biomedicina: aspectos a tener en cuenta para mejorar la comunicación. Barcelona : Fundación Dr. 3.

Gutiérrez Rodilla BM, Navarro FA, editores. La importancia del lenguaje en el entorno biosanitario. Barcelona : Fundación Dr. Antonio Esteve ; 2014

LISTAXE FINAL DE REFERENCIAS

1. Martínez LJ. Cómo buscar y usar información científica: Guía para estudiantes universitarios. Santander : E-LIS; 2013. 2. Serés E, Rosich L, 2.

2. Bosch F. Presentaciones orales en biomedicina: aspectos a tener en cuenta para mejorar la comunicación. Barcelona : Fundación Dr. 3.

3. Gutiérrez Rodilla BM, Navarro FA, editores. La importancia del lenguaje en el entorno biosanitario. Barcelona : Fundación Dr. Antonio Esteve ; 2014