Unha referencia bibliográfica é unha descrición normalizada completa de cada un dos documentos consultados no traballo, que quedan consignados nunha bibliografía final. Cada referencia está formada por unha única entrada numerada. Non se admite o uso dun número para un grupo de referencias. O número aparecerá entre corchetes, aliñado á esquerda e formando unha columna separada dos corpos das referencias:
[1] R. Yousefian y S. Kamalasadan, “A Lyapunov function based optimal hybrid power system controller for improved transient stability”, Electr. Power Syst. Res., vol. 137, pp. 6-15, 2016.
[2] B. Klaus y P. Horn, Robot Vision. Cambridge, MA: MIT Press, 1986.
[3] L. Stein, “Random patterns”, en Computers and You, J. S. Brake, Ed. New York: Wiley, 1994, pp. 55-70.
A redacción de cada unha das referencias vai depender do tipo de documento, do número de autores e outros moitos elementos. Hai moita casuística, imos expoñer no apartado "Exemplos" como se deben redactar as referencias en Estilo IEEE.
i. List of Title Words Abbreviations [3]
ii. IEEE Editorial Style Manual [4]