Os documentos consultados e utilizados para a realización dun traballo deben quedar mencionados no mesmo para achegar rigor académico, axudar a quen le a atopar información, e non incorrer en plaxio. Coas citas bibliográficas realizamos unha breve mención, dentro do texto do traballo, ao documento ao que se fai referencia na bibliografía.
A cita no texto estará composta por un número entre corchetes. Este número remitirá ao que corresponda na lista de referencias completas ou bibliografía presentada ao final do traballo.
[No texto]
In 1984, Shamir [16] proposed a non-PKI based public key cryptosystem called Identity Based Encryption (IBE) where the novel idea was… […
[Na bibliografía ou lista de referencias]
[16] A. Shamir. “Identity-based cryptosystems and signature schemes,” in Adv. Cryptol., pp. 47–53, 1985.