Hai moitos e variados estilos ou normas de citación e referencia.
Algúns proceden dunha institución internacional que elabora un modelo de cita e referencia para as súas publicacións ou as dun determinado campo de coñecemento. Imos ver que estilos podemos atopar:
- Estilo APA, desenvolvido pola American Psychological Association (APA). Este estilo emprégase fundamentalmente no campo da psicoloxía, ciencias sociais e humanidades.
- Estilo MLA (Modern Language Association), empregado en lingüística e filoloxía.
- Estilo Vancouver, moi empregado en publicacións de medicina e biomedicina. Este estilo desenvolveuno o International Committee of Medical Journal Editors (ICMJE).
- Estilo IEEE, desenvolvido polo Institute of Electrical and Electronics Engineers para as súas revistas. Tamén se emprega noutras publicacións de enxeñaría.
- Estilo Chicago e Estilo Harvard, son estilos creados polas prestixiosas universidades que levan o seu nome para que os seus alumnos e profesores empregaran a normativa elaborada pola propia universidade.
- UNE-ISO 690:2013. Información y documentación. Directrices para la redacción de referencias bibliográficas y de citas de recursos de información [tradución da ISO 690:2010]. Non é un estilo, é unha norma que marca unhas directrices para as citas e as referencias bibliográficas. Pode utilizarse en calquera disciplina.
PARA SABER MÁIS... Citas e referencias bibliográficas (Guía da BUSC)