O fondo patrimonial da BUSC está constituído por:
A Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela ten entre as súas funcións segundo o seu Regulamento:
Facilitar aos usuarios a consulta das coleccións documentais con subxección ao disposto no regulamento... A subministración de copias dos documentos orixinais existentes na Biblioteca Universitaria, dentro do marco das directrices estatais e internacionais sobre os dereitos de autor.
As coleccións que forman o fondo patrimonial están baixo a responsabilidade da Dirección da Biblioteca, así como dos responsables dos Negociados de Mantemento de Fondos e Consulta en Sala, para a súa conservación nos depósitos da biblioteca e a consulta por parte dos investigadores nas salas de lectura da Biblioteca Xeral.
Todo o fondo patrimonial está suxeito a condicións especiais de consulta, conservación e reprodución.
O fondo patrimonial está excluído do préstamo a domicilio e a súa consulta farase nas condicións indicadas neste documento.
Por norma xeral as obras dixitalizadas só se consultarán baixo este formato. Cando, en circunstancias especiais, sexa necesario ver o formato orixinal, enviarase unha solicitude á Dirección da BUSC, ao enderezo: biblioteca.universitaria@usc.gal.
O persoal ao cargo da atención das persoas usuarias deste fondo deberá velar polo cumprimento das condicións establecidas nestas pautas:
A reprodución é un instrumento imprescindible para o acceso ás fontes escritas, aínda que a súa utilización ha de supeditarse á salvagarda da integridade do documento e ao que estableza a lexislación vixente:
