1. Identifíquese en PreLo a través do Servizo de Identificación Centralizado da USC

2. Busque e seleccione os libros que desexe consultar:

3. En cada libro pode consultar o número de exemplares dispoñibles para o préstamo

4. Seleccione o libro electrónico mediante a opción Prestar 
5. Escolla a opción LER no menú A SÚA CONTA – EXEMPLARES PRESTADOS

6. O libro ábrese no navegador para a súa lectura en liña.

1. Cree unha conta en Adobe en http://www.adobe.com/es

2. Escolla un programa de lectura que funcione co DRM de Adobe. Para ordenadores recoméndase Adobe Digital Editions
3. Descargue e instale Adobe Digital Editions


4. Configure Adobe Digital Editions coa súa conta de Adobe


5. En PreLo, escolla a opción DESCARGAR no menú A SÚA CONTA – EXEMPLARES PRESTADOS

6. Descárgase un arquivo coa extensión acsm que hai que abrir con Adobe Digital Editions. O libro queda incluído na biblioteca de ADE e xa pode lerse.

Adobe Digital Editions pode ser utilizado para a lectura de calquera libro electrónico protexido co DRM de Adobe, prestados dende PreLo ou dende cualquera outro servizo de préstamo dixital. ADE tamén é útil para para ler libros electrónicos sen DRM.
7. Unha vez descargado o libro na Biblioteca de Adobe, a icona de devolver desaparece da visualización en liña no navegador. A devolución ten que facerse dende a biblioteca de Adobe: seleccionando o libro que precisa devolver antes da data de vencemento e facendo clic co botón esquerdo do rato, aparecerá un menú coa opción de devolver o libro.
1. Escolla o programa que desexe empregar e descárgueo dende Google Play (Android) ou App Store (iOS).

2. Configure a aplicación para conectala coa conta de Adobe ID
2.1. Aldiko: Menú, Acerca de, Ajustes, Adobe DRM, Adobe ID

2.2. Bluefire Reader: Menú, Información, Información general, Adobe Autorizar, ID Adobe

O resto dos pasos son os mesmos que para a lectura sen conexión no ordenador con ADE.
1. Siga os mesmos pasos indicados para a lectura sen conexión
2. Abra o programa Adobe Digital Editions e conecte o seu dispositivo de lectura de libros electrónicos (e-reader) ao ordenador.
3. Adobe Digital Editions recoñecerá o e-reader e poderá gardar nel os libros que desexe ler sen conexión

