Neses anos composteláns de Fernández del Riego, que rematarían dunha forma terrible e aceda coa chegada da guerra do 36, ademáis da militancia política e asistencia as aulas, profondou nalgunhas amizades duradeiras e coas que compartiría tempo e inquedanzas. Certo é que algunhas xa o viñan acompañando dende os anos dos primeiros estudos, como é o caso de Álvaro Cunqueiro. Pero Compostela daríalle outras, coas que compartiría inquedanzas intelectuais e militancia política, como foi o caso de Ánxel Casal. Percorrer a súa biografía é atoparse cun compromiso ético, persoal, cultural e político con Galicia. Nas páxinas de Ánxel Casal e o libro galego, Fernández del Riego vai contando detalles daquela amizade, do traballo común en prol da cultura galega, de proxectos comúns e da desazón que lle produce que ese home do que Castelao chegou a afirmar que "Casal, por Galicia, fixo máis que todos nós", sexa case un descoñecido. Afortunadamente, contamos non soamente co traballo de Fernández del Riego, senón con outros estudos de grande valor arredor da súa tarefa de editor, como é o traballo de Ernesto Vázquez Souza e Xosé Dobarro Paz, imprescindible para coñecer o publicado nas diversas etapas da editorial Nós. Queremos lembrar a relación de amizade que tiveron Fernández del Riego e Ánxel Casal.
Conta Ramón Nicolás no seu Francisco Fernández del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo:
"A isto xúntase a estreita relación que inicia con Ánxel Casal, naquela altura propietario da Editorial Nós que contaba cun obradoiro tipográfico no baixo dunha casa da rúa das Hortas a onde acudía case todos os días. Cando o obradoiro se traslada a unha nova sede situada no número 36 da rúa do Vilar seguirá frecuentando aquel espazo e alí axudará a redactar follas publicitarias dos libros que editaban" (p.24-25).
Nun artigo publicado na web da Real Academia Galega fálase moi por extenso da figura e a obra de Ánxel Casal e de como os espazos que foi ocupando Nós foi acubillo desta amizade. Neste debuxo de Seoane, do ano 1932) no que aparecen Tenreiro, Fernández del Riego, Brañas, Ánxel Casal e Álvaro das Casas.

Na sede da editorial, nas conversas entre os contertulios que alí se reunían, nacerían iniciativas como Ultreya ou. Deste obradoiro que dispuña de dúas ou tres Minervas, guillotina e unha caixa de tipos móbiles saíron emblemáticas revistas como A Nosa Terra(da que Fernández del Riego foi director), Ser, Máis ,Resol, Alento...
.
Velaquí a primeira páxina do artigo que asina Fernández del Riego en Alento no número1, xullo 1934)tirado de Galiciana,
Na BUSC contamos cunha ampla representación do publicado na Editorial Nós, nas dúas sedes compostelanas: a das Hortas e a da Rúa do Vilar. Deixamos unha imaxe dalgunhas delas: 
Da importancia que tivo a que poderíamos chamar "iniciativa Nós" xa que era editorial e publicación periódica, da conta a propia publicidade que se facía dela dende as propias páxinas da revista. Conscientes do traballo que facían a prol da cultura, política e literatura galega. Debaixo doutros anuncios (defotograbado, plumeiros e o sanatorio de San Lorenzo) aparece o da editorial Nós, "pubricacións galegas e imprenta).
E, por último, unha lembranza que trae Fernández del Riego: de como Casal pediulle os folios dunha conferencia que, en abril do 1933, deu en Vigo na inauguración da exposición do pintor Virxilio Blanco e que aparecería nun dos últimos números da revista Nós: (15 de marzo de 1935).

0 Comentarios.