Letras Galegas 2021 é un blog da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela adicado á figura e a obra de Xela Arias. Proporcionamos información biobibliográfica sobre a poeta, ademais de dar conta da bibliografía existente na BUSC. Ao longo de diversos posts, irémonos achegando á súa produción literaria, á súa dimensión poética pero tamén humana.
As imaxes utilizadas forman parte da colección posta a disposición de centros de ensino e investigadores por parte da familia Arias Castaño, e aloxadas no Portal da Lingua Galega. Dende aquí o noso agradecemento por deixarnos usalas.