Táboa de contidos
1910 | Nace en Ferrol no seo dunha familia acomodada e alí residirá e iniciará os seus estudios ata os dezaseis anos en que muda a Santiago para estudiar Dereito |
1926-1930 | Inicia os seus estudios de Dereito en Compostela desenvolvendo unha intensa actividade intelectual e política. Axiña toma contacto co galeguismo e o Seminario de Estudos galegos. Destes anos son as súas primeiras publicación poéticas en castelán Trinitarias e La soledad confusa |
1931-1933 | Participa na fundación do Partido Galeguista, nas mobilizacións a prol da galeguización da Universidade e redacta xunto a Lois Tobío, o anteproxecto de Estatuto presentado polo SEG. Destes anos son as súas primeira publicacións en galego Vieiros , O silenzo axionllado e colaboracións en Nós
|
1933 | Rematada a carreira de Dereito instalase en Ferrol, casa con Ignacia Ramos e decide rematar a carreira de Filosofía e Letras “por libre” |
1936-1939 | O golpe militar o pilla en Madrid onde, rematada a carreira de Filosofía e Letras, dispoñíase a presentarse as oposicións para docencia. Alístase nas milicias republicanas, loitando en Madrid e Andalucía, onde o sorprendeu a fin da contenda. Apresado polas forzas franquistas e acusado de «separatista», é condenado a 12 anos de prisión dos que cumprirá dous en Xaén de onde sairá en liberdade provisoria pero inhabilitado para acceder a empregos públicos |
1950 | Nestes anos traballa en precario na docencia privada en Ferrol ata que en 1950 trasládase a Lugo para dirixir o Colexio Fingoi, fundado polo empresario galeguista Antonio Fernández. Publica Anxo de Terra. Un feito de gran trascendencia e tamén neste ano o nacemento da Editorial Galaxia, un proxecto que agrupou o galeguismo resistente no exilio interior, presidido por Otero Pedrayo e capitaneado por Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, que foi fundamental na continuidade e revitalización da cultura galega, e no cal Carballo se comprometeu intensamente desde o primeiro momento. Neste ano gaña o premio de novela galega convocado por Bibliófilos Gallegos coa obra A xente da Barreira, primeira novela en galego publicada na posguerra |
1954 | Doutórase en Madrid ca tese Aportaciones a la literatura contemporánea, ao mesmo tempo que Galaxia publica a versión (previa e máis reducida) en galego desa obra, titulada Sete poetas galegos. Nestes anos son frecuentes as súas colaboraración en publicacións como Aturuxo, Alba, La Noche ou Cuadernos de Estudios Gallegos |
1958 | Ingresa na RAG co discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía. que foi respostado por Otero Pedrayo |
1965 | Recibe autorización para exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Feminino Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, tamén comeza a impartir clases de lingua e literatura galegas na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago |
1972 | Convértese no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da USC, xa con dedicación exclusiva á universidade. Dende os anos 60, o seu traballo céntrase no labor filolóxico, en particular no campo da historia literaria con traballos como a Gramática elemental del gallego común ou a monumental Historia da Literatura Galega Contemporánea. Tamén abondan neste período as colaboracións en Grial de cuxo consello de redacción formou parte ata 1988 |
1975-1980 | Á morte do dictador, a instauración do rexime democrático e o inicio do goberno autonómico terán unha enorme influencia no seu pensamento político e o levan a unha discrepancia tanto relativa ao autogoberno como á política lingüística. O seu compromiso e cada vez máis estreito co nacente movemento reintegracionista, do cal se converte desde finais da década dos setenta en principal inspirador e figura de referencia. Comeza a asinar a súa obra como Carvalho Calero e inicia a revisión e reedición da súa obra poética (Pretérito imperfeito, 1927-1961 , Futuro condicional, 1961-1980 ) teatral (Teatro completo) e narrativa (A gente da Barreira e outras histórias , Narrativa completa). De tema lingüístico, publica os volumes Problemas da língua galega e Da fala e da escrita nas que defende a súa proposta lingüística |
1982-1983 | As Normas do Idioma Galego de 1982 elaboradas e aprovadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, contrárias as teses defendidas por Carvalho..serán a base da “Lei de Normalización Lingüística” aprobada polo Parlamento autonómico o ano seguinte. A súa discrepancia lingüística e política non fai mais que acrecentar a súa posición absolutamente crítica e independente. Fronte a un certo aillamento da súa figura en Galicia, nestes anos é acollido como membro ordinario pola Academia das Ciências de Lisboa, é recoñecido como membro de honra pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e pola Associaçom Galega da Língua |
1984 | Recibe a medalla Castelao da Xunta de Galicia e rexeita a invitación de Filgueira Valverde para participar na fundación do Consello da Cultura Galega |
1987 | Publica Scorpio polo que obtén o Premio da Crítica |
1990 | Falece en Santiago de Compostela o 25 de marzo |