O blog “Letras Galegas 2020” é unha creación da BUSC, a Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, adicado á figura e a obra de Ricardo Carvalho Calero. Como xa fixemos en anos anteriores cos precedentes homenaxeados, o obxectivo deste blog é destacar aspectos concretos da tarefa filolóxica, creativa e humana de don Ricardo Carvalho Calero, vencellado, como ben sabemos, á nosa Universidade.
Interésanos especialmente dar a coñecer os fondos que a BUSC conserva, tanto da súa autoría, como adicados ao estudo da súa longa traxectoria a prol da lingua e cultura de Galicia.
As imaxes deste blog teñen a finalidade de ilustrar a difusión da figura de D. Ricardo Carvalho Calero. Antes de usalas, a BUSC solicitou os permisos específicos dos seus autores e autoras.
Grazas á Moncho Rama e a AELG por ofertarnos o permiso para amosalas.