Táboa de contidos
Google Académico permite buscar bibliografía especializada dun xeito sinxelo. Dende un único sitio podes realizar buscas nun gran número de disciplinas e fontes como, por exemplo, estudos revisados por especialistas, teses, libros, resumos e artigos procedentes de fontes como editoriais académicas, sociedades profesionais, repositorios, universidades, etc.
Google Académico ordena os resultados da túa busca por relevancia; así, igual que sucede coas buscas web en Google, as referencias máis útiles aparecen ao inicio da páxina. A tecnoloxía ranking de Google considera o texto completo de cada artigo, así como o autor, onde foi publicado e con que frecuencia se cita noutras fontes especializadas.
Artigos de revistas e conferencias, teses, libros académicos, pre-prints, resumos, informes técnicos e outra literatura académica de calquera área de investigación. Inclúe traballos dunha ampla variedade de editoriais académicas, sociedades profesionais e repositorios de universidades, así como artigos académicos dispoñibles en calquera parte da rede.
Normalmente si. Google Académico indiza traballos, artigos e resumos de investigación da meirande parte dos máis importantes repositorios e editoriais académicas de todo o mundo. A mellor forma de comprobar a cobertura de Google Académico dunha fonte específica é buscar un exemplo dun dos seus artigos.
As actualizacións para novos contidos fanse varias veces á semana. As actualizacións para contidos xa existentes levan máis tempo (dende meses ata un ano), xa que teñen que volver ser recollidos e indexados..