Ir ao contido principal

Google Académico

Busca

Utiliza o operador “autor:”, por exemplo:

  • autor:”d kjuth”
  • autor:”donald e knuth”

Poñer o título entre comiñas:

  • “A History of the China Sea”

Os resultados da busca están, normalmente, ordenados por relevancia, non por data. Para atopar os artigos máis recentes, hai que utilizar as seguintes opcións da barra lateral esquerda da páxina de resultados:

  • Premer en “Desde” para mostrar só os resultados publicados recentemente, ordenados por relevancia.
  • Premer en “Ordenar por fecha” para mostrar os novos resultados ordenados pola data.
  • Premer na icona do sobre (Crear alerta) para recibir periodicamente por correo electrónico os novos resultados.

Filtros en Google Académico

Busca avanzada

Logo de entrar na túa conta, preme no menú da esquerda para seleccionar Búsqueda avanzada.  Aparecerá a ventá da busca avanzada que permite buscar nos campos de autor, título e publicación e que permite limitar os resultados pola data.

Opcións do menú de busca avanzada

 

 

Localizar o texto completo dun artigo

A maioría dos artigos dispoñen dun acceso gratuíto ao resumo. Aínda así, para acceder ao texto completo pode ser necesario ter unha subscrición. Cando o documento está subscrito pola biblioteca, e a través da solicitude das túas claves de acceso institucional, podes localizalo premendo na ligazón "Catálogo Iacobus"

Enlace ao texto completo desde Google Scholar

 

Se accedes por fóra do campus deberás configurar a túa conta para obter o mesmo resultado. No menú de Configuración  debes premer na opción "Enlaces de Bibliotecas". Para engadir a túa debes escribir na caixa de busca. Para a Biblioteca da Universidade de Santiago abonda con teclear Iacobus.

Engadir biblioteca Extensión EZproxy

Se pertences á USC e non ves as ligazóns “Catálogo Iacobus”, por favor, contacta coa biblioteca e buscaremos o mellor xeito para que accedas ás subscricións en liña.

Outras opcións para localizar o documento a texto completo son:

  1. Premer nunha ligazón etiquetada [PDF] á dereita do resultado;
  2. Seleccionar “Las x versiones” baixo o resultado, para examinar fontes alternativas;
  3. Premer en “Artículos relacionados” ou “Citado por” baixo o resultado, para explorar artigos semellantes.