Ir ao contido principal

Fondo histórico e patrimonial da BUSC

Condicións de consulta e reprodución

Reprodución do fondo patrimonial

A reprodución é un instrumento imprescindible para o acceso ás fontes escritas, aínda que a súa utilización ha de supeditarse á salvagarda da integridade do documento e ao que estableza a lexislación vixente:
 

  • A autorización para a reprodución do fondo patrimonial da BUSC está condicionada polo estado de conservación do exemplar e polos posibles danos que poida sufrir, evitándose calquera procedemento que entrañe manipulación mecánica e que poida ter, a xuízo do persoal técnico da Biblioteca, efectos negativos.
  • A reprodución de obras que non sexan de dominio público só se autorizará para uso privado da persoa solicitante e exclusivamente con fins de docencia e investigación, de acordo co establecido na lexislación vixente.
  • As persoas usuarias poden solicitar a dixitalización de libros do fondo patrimonial. A reprodución deste fondo será sempre da obra completa e, de acordo coa lexislación de Propiedade Intelectual vixente, poderá ser aloxada no Repositorio Institucional Minerva da Universidade de Santiago de Compostela ou noutras plataformas que aloxen fondos dixitais da BUSC.
  • As persoas usuarias poden solicitar dende o catálogo Iacobus reproducións parciais de libros ou documentos excluídos do préstamo (sempre que as condicións do exemplar o permitan). As solicitudes dende o catálogo inclúen o fondo histórico, agás o Fondo de Reserva da Biblioteca Xeral. A quen o solicite proporcionaránselle reproducións dixitais (previo abono do importe da reprodución no caso de persoas usuarias externas, conforme ás tarifas vixentes aprobadas polo Consello de Goberno da USC e accesibles na páxina web da Biblioteca).
  • A reprodución do fondo patrimonial excluído do servizo de dixitalización a través do catálogo Iacobus debe solicitarse ó enderezo: fotprest@usc.es. Este servizo pode estar suxeito ao sistema de tarifas establecido pola USC

  • As persoas usuarias poden facer unha solicitude para obter imaxes dixitais de libros do fondo patrimonial, con equipo de dixitalización propio, sempre que non estean suxeitos a restricións e iso non prexudique a integridade dos mesmos, e co compromiso de facer un uso privado das imaxes así obtidas e de non publicalas sen autorización expresa da Biblioteca. Estas solicitudes deben dirixirse ao enderezo: biblioteca.xeral.salainvestigadores@usc.gal.

  • Cando o resultado das consultas e/ou reproducións do fondo patrimonial da USC derive na publicación dun traballo de investigación, con uso de imaxes ou materiais da biblioteca, o/a autor/a está obrigado/a a citar a BUSC como provedora deses documentos.