Táboa de contidos
Antes de autoarquivar por primeira vez, deberá rexistrarse no sistema. Na pantalla de inicio, prema sobre a opción Novo usuario? Prema aquí para rexistrarse do menú despregable Iniciar sesión, na parte superior dereita. Introduza o seu enderezo electrónico institucional na seguinte pantalla.
Recibirá unha mensaxe cunha ligazón que permite continuar co rexistro.
Na pantalla Crear perfil deberá completar os datos solicitados e premer no botón Rexistro completo para formalizar a creación da conta.
Ademais de rexistrarse deberá solicitar permisos para enviar documentos ao repositorio.
Para obter esta autorización debe contactar coa administración de Minerva (minerva@usc.gal) e indicar o seu nome e apelidos, a unidade da USC á que pertence e o seu correo electrónico institucional. Recibirá unha mensaxe de confirmación no seu correo electrónico.
Esta solicitude debe facerse só a primeira vez, e o permiso, unha vez confirmado, será válido durante o tempo que manteña a súa vinculación coa USC.
Por defecto só terá autorización para autoarquivar nas coleccións definidas para o seu Departamento/Centro/Grupo de Investigación. Se desexa depositar noutras coleccións debe indicalo na solicitude.
Cando se obteña a autorización, para poder depositar documentos hai que identificarse no sistema SSO. Prema en Iniciar sesión no menú superior dereito, introduza as súas credenciais de identificación (nome de usuario [nome.apelidos@dominio] e contrasinal) e prema en Iniciar sesión.
Se xa ten a sesión iniciada, verá que o menú Iniciar sesión cambia a unha icona de persoa, así como as opcións que ofrece.