Táboa de contidos
A Normativa de Minerva (aprobada no Consello de Goberno da USC do día 22 de Decembro de 2011) indica que todo o persoal docente e investigador da USC pode depositar a súa produción científica en Minerva de forma autónoma a través do autoarquivo.
Para poder enviar un documento as persoas usuarias deben estar previamente rexistradas en Minerva e solicitar autorización para depositar nas coleccións do seu interese.
QUEN PODE DEPOSITAR?
O persoal docente e investigador (PDI) da USC.
QUE PODE DEPOSITAR?
Os traballos resultado das súas investigacións, por exemplo: artigos científicos, libros e capítulos de libros, comunicacións e pósters presentados a congresos, xornadas, etc.
EN QUE FORMATOS?
Minerva dá soporte á maioría dos formatos de arquivo, pero recoméndase o uso de formatos abertos ou estándar que non dependan de software propietario, para asegurar a súa accesiblidade no futuro e a preservación dixital. Por exemplo, PDF para artigos e capítulos de libros.
COMO DEPOSITAR?
Mediante o autoaquivo ou depósito pola persoa autora (debe solicitar os permisos no correo minerva@usc.gal).
Contacte coa biblioteca do seu centro se precisa asistencia no proceso de envío de documentos a Minerva.