Táboa de contidos
Os documentos consultados e utilizados para a realización dun traballo deben quedar mencionados no mesmo para achegar rigor académico, axudar a quen le a atopar información e non incorrer en plaxio. Coas citas bibliográficas realizamos unha breve mención, dentro do texto do traballo, ao documento ao que se fai referencia na bibliografía.
A UNE-ISO 690:2024 acepta diferentes métodos de citar dentro do texto. Os máis comúns son:
No texto do traballo parafraséase algunha idea ou cita textual de M.D. Ruíz de Lacanal Ruíz Mateos. Engádese a continuación entre paréntese o/a autor/a e o ano da publicación desta obra.
No texto: (Ruiz de Lacanal Ruiz-Mateos 2004)
No texto do traballo parafraséase algunha idea ou unha cita literal de M.D. Ruíz de Lacanal Ruíz Mateos. Adxudicáselle un número, por exemplo o 1.
En notas ao pé de páxina ou ao final do texto indícase o número (1) e a continuación a referencia completa:
RUIZ DE LACANAL RUIZ-MATEOS, M.D. El patrimonio histórico-artístico de la parroquia nuestra Señora de la O de Rota (Cádiz). Rota: Fundación Alcalde Zoilo Ruiz-Mateos, 2004. ISBN 84-87960-37-5
No texto: orde numérico da cita
Tede moi en conta que a redacción das referencias bibliográficas depende do sistema de citas elixido: