Ir ao contido principal

Citar en estilo ISO 690

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo ISO 690

Citas bibliográficas

Os documentos consultados e utilizados para a realización dun traballo deben quedar mencionados no mesmo para achegar rigor académico, axudar a quen le a atopar información e non incorrer en plaxio. Coas citas bibliográficas realizamos unha breve mención, dentro do texto do traballo, ao documento ao que se fai referencia na bibliografía.

Tipos de citas

A UNE-ISO 690:2024 acepta diferentes métodos de citar dentro do texto. Os máis comúns son:

  • Sistema de nome e data:

No texto do traballo parafraséase algunha idea ou cita textual de M.D. Ruíz de Lacanal Ruíz Mateos. Engádese a continuación entre paréntese o autor e o ano da publicación desta obra.

No texto: (Ruiz de Lacanal Ruiz-Mateos 2004)

  • Sistema numérico e de notas continuas:

No texto do traballo parafraséase algunha idea ou unha cita literal de M.D. Ruíz de Lacanal Ruíz Mateos. Adxudicáselle un número, por exemplo o 1.

En notas ao pé de páxina ou ao final do texto indícase o número (1) e a continuación a referencia completa:

RUIZ DE LACANAL RUIZ-MATEOS, M.D. El patrimonio histórico-artístico de la parroquia nuestra Señora de la O de Rota (Cádiz). Rota: Fundación Alcalde Zoilo Ruiz-Mateos, 2004. ISBN 84-87960-37-5

No texto: orde numérico da cita 

 

Tede moi en conta que a redacción das referencias bibliográficas depende do sistema de citas elixido:

  • Se utilizas o sistema de nome e data, xeralmente coñecido como autor data ou Harvard, o ano nas referencias bibliográficas debe aparecer despois do primeiro elemento
  • Se utilizas o sistema numérico e de notas continuas, neste caso o ano pode ir despois da editorial