Ir ao contido principal
Embalaxe, transporte e montaxe
- A entidade organizadora da exposición correrá cos custes e xestión do embalaxe, transporte e montaxe, que deberá realizarse por unha empresa especializada.
- O traslado e montaxe deberá facerse en condicións de seguridade adecuadas e por persoal especializado. Todo o proceso debe contar co visto e prece da Biblioteca.
- O retorno das obras, unha vez finalizada a exposición para a que se fixo o préstamo, realizarase polas mesmas vías e condicións que o envío.
- A BUSC se reserva o dereito de rexeitar a empresa de transporte proposta pola empresa organizadora e propor outra no seu lugar.
- Se a Biblioteca considera necesario enviar un correo para controlar o transporte ou a instalación das obras que se van expoñer, o seu traslado e estancia correrán a cargo da entidade expositora.
- No montaxe da exposición, tanto nas fichas ou citas no catálogo como nas cartelas da exposición a BUSC será citada como sigue: “Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela”