Ir ao contido principal

Letras Galegas 2019 - Antonio Fraguas

Cronoloxía

1905  Nace en Insuela, na parroquia de Santiago de Loureiro fillo do canteiro emigrado a Brasil Manuel Fraguas Rodríguez e de Teresa Fraguas Vázquez, solteira e filla tamén dun canteiro.

1912  Regresa o pai de América, casa ca nai e recoñece o fillo. A idea inicial e regresar os tres a Brasíl onde Antón podería formarse como maquinista de ferrocarrís. Esta idea é rexeitada pola intervención dun mestre de Antón que viu nel capacidades para facer maxisterio.

1919 Inicia o bacharelato no Instituto de Pontevedra onde será alumno de figuras como Castelao, Antón Losada Diéguez e Sobrino Buhigas. Terá como compañeiros e amigos a Sebastián González García-Paz e Luis Bouza brey.

1923  Aos 18 anos, xunto con varios compañeiros, funda a Sociedade da Lingua como instrumento de loita pola defensa do galego e co obxectivo de redactar un dicionario.

1924  Inicia a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela onde será un alumno destacado. Durante este período desenvolverá relacións con figuras como Ramón Martínez López que o anima a ingresar nas Irmandades da Fala.

1928  E admitido como membro no Seminario de Estudos Galegos do que xa era colaborador cun estudio sobre o castro de Soutolongo. Dentro da institución traballa na catalogación dos castros da zona de Lalín e inicia o estudo da xeografía histórica de Galicia con especial dedicación as Rias Baixas e o concello de Cotobade. Tamén traballa sobre o Entroido dende o punto de vista etnográfico, redacta fichas de bibliografía galega como bibliotecario da institución e participa na formación do Museo Etnográfico do Seminario instalado no Colexio de Fonseca.  Neste ano acada a licenciatura.

1929   Iniciase na docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago como profesor auxiliar ata 1933. Neste tempo publica os seus primeiros artigos como Mamoas do Saviñao…” o seu primeiro traballo relacionado coa arqueoloxía e que firma, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos , xunto a López Cuevillas e Purificación Lorenzana. Tamén de este tempo é Do folk-lore de Armeses – Listanco” (Nós, num. 96) dedicado á terra onde vivían os seus avós e que visitaba con frecuencia.

1932  Casa con Teresa Martínez Magariños.

1933  Profesor do instituto da Estrada  ata o comezo da guerra civil.

1936  Tralo Golpe de Estado, Fraguas, que tiña participado na campaña a prol do Estatuto e foi un dos asinantes do “Manifesto de Ezquerda Galeg uista” de 1931. En 1937 é depurado e ordénase a súa separación definitiva do ensino público. Detido e forzado a traballar no ensino privado, traballa como profesor, xunto co crego Ramón Dávila García, na Academia Menéndez y Pelayo no Pazo de Amarante. Este tempo funesto, co Seminario de Estudos Galegos arrasado, o aproveita para avanzar na súa tese de doutoramento.

1944  Tentando cubrir o oco deixado polo Seminario de Estudos Galegos, xorde o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, adscrito ao CSIC. Farase cargo da catalogación dos fondos da biblioteca e exercerá varios cargos como xefe de sección de Etnografía e Folclore. Ao mesmo tempo será un colaborador infatigable de Cuadernos de Estudios Gallegos.

1950  Recupera a cátedra de instituto (catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Nacional Masculino de Lugo, actualmente Lucus Augusti, ata 1959) e doutórase na Universidad de Madrid cunha tese sobre o Colexio de Fonseca defendida no 1948 e revisada por el mesmo posteriormente para a súa publicación (Historia del Colegio de Fonseca”, 1956  e Los colegiales de Fonseca”1958)

1951  Nomeado membro numerario da Real Academia Galega na que ocupara a cadeira deixada por Castelao. Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ramón Otero Pedrayo e Luís Iglesias Iglesias. O seu discurso de ingreso, As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro a Cotobadefoi contestado por Otero Pedrayo.

1959  Torna a Compostela como profesor do Instituto Rosalía Castro onde exercerá de xefe de estudos e vicesecretario e onde se xubilará en 1975.

1976  Como director do Museo Municipal de Santiago en Bonaval dende 1963, participa dende o principio nas xuntanzas para á creación do Museo do Pobo Galego “cos obxectivos de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos”. As primeiras salas abriranse ao publico o ano seguinte ocupando  Antón Fraguas o cargo de director dende este momento ata 1989 en que pasa a  presidente do padroado tralo pasamento do seu antecesor Xaquín Lorenzo “Xocas”.

1983  Créase o Consello da Cultura Galega do que será membro a título individual e no que participará activamente sobre todo como coordinador da Sección de Antropoloxía Cultural.

1992  É nomeado Cronista Xeral de Galicia pola Xunta de Galicia. Este recoñecemento súmase aos moitos que recibe ao longo de toda a súa vida como Pontevedrés do ano 73, Pedrón de Ouro, Medalla Castelao da Xunta, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, Premio das Artes e das Letras de Galicia, fillo adoptivo de Santiago de Compostela, etc.

1994  Fai doazón da súa biblioteca persoal, uns 20.000 volumes, a o Museo do Pobo poñéndoos a disposición de todos os interesados pola cultura galega.

1999  Con 93 anos falece en Santiago a causa dunha doenza cardíaca. Os seus restos serán velados no Museo do Pobo Galego antes do seu traslado definitivo ao cemiterio de Boisaca onde repousa a carón de  Valle-Inclán, Aurelio Aguirre e Isaac Díaz Pardo.