Ir ao contido principal

Letras Galegas 2006 - Manuel Lugrís Freire

Cronoloxía

1863

Manuel Lugrís Freire nace en Sada o 12 de febreiro

Nese mesmo ano Rosalía publica “Cantares Gallegos”

 

1877

Seu pai, dono dun almacén de sal en Sada pérdeo e a familia trasládase a aldea de Soñeiro; Lugrís deixa os estudos e entra a traballar como escribinte no Concello de Oleiros.

 

1883

Emigra a Cuba onde o recibe o seu irmán Plácido quen o instrúe en contabilidade, oficio que exercerá ao longo da súa vida.

 

1884

É nomeado vogal da Xunta Directiva do “Centro Gallego “ de La Habana

Publica o seu primeiro poema no periódico “El Eco de Galicia”

 

1885

Escribe “A costureira da Aldea” peza costumista para ser representada pola colectividade galega na Habana

Publica por entregas en “El Eco de Galicia” a noveliña “O penedo do crime”

Funda con R. Armada Teixeiro “A Gaita Gallega” primeira publicación periódica monolingüe en galego, fóra de de Galicia.

Morre Rosalía Castro

 

1891

Xogos Florais de Tui nos que Murguía discursa en galego, primeira vez na que o galego é usado nun acto público. Preséntase e obtén premio o que será o seu cuñado Urbano González.

 

1894

Publica o libro de poemas ”Soidades” con prólogo do seu admirado Curros, quen no mesmo prólogo fai unha pormenorizada crítica do libro, gabando o esforzo e animandoo a continuar.

Eugenio Carré Aldao merca a libreiría de Andrés Martínez Salazar onde se instalará a tertulia coñecida como a “Cova Celtica” ao ano seguinte publicaráse a “Revista Gallega” nela publícase a idea de formar a “Liga Regional Gallega”

 

1896

Volta a Galicia casado con Dna. Concepción Orta Iglesias.

Entra a traballar na “Sociedad Anónima de Aguas de La Coruña” será socio-accionista e traballará arreo para que A Coruña disfrute do servicio de traída. Cando se inaugure o servicio en 1908 a empresa fai unha celebración pública na que participa Pondal lendo uns versos.

 

1897

É segredario da Comisión directiva da”Liga Gallega” na Coruña.

 

1898

Nace a súa filla Socorro e morre a súa muller Concepción Orta.

 

1901

Publica “Noitebras” en ton pesimista, aínda moi afectado pola morte de “Conchita”

 

1902

Casa con Purificación González, profesora de música na Escola Normal e irmá do pintor e escritor Urbano González.

 

1903

Funda con Galo Salinas a “Escola Rexional de Declamación” coa que representará tres obras súas

Nace o seu fillo Manuel.

Estrea a obra “A Ponte” no Teatro Principal da Coruña, primeira obra de teatro galego en prosa.

 

1904

Estrea o seu drama “Minia” no Teatro Xofre de Ferrol

Publica “Mareiras” no Teatro Principal da Coruña, primeira obra dramática extensa en galego.

Participa na fundación da Asociación de Prensa da Coruña

 

1905

Nacen os seus xemelgos Mª do Pilar e Secundino

 

1906

Publica o drama “Esclavitú”

Participa como numerario na fundación da “Real Academia Gallega”

 

1907

Con Rodrigo Sanz promove a “Solidaridad Gallega” rexionalista e agrarista

En Betanzos participa nun mitín agrarista no que Lugrís se dirixirá en galego á multitude, primeira vez que o galego se emprega nun acto político público.

Na mesma xeira participa como orador nos actos celebrados en Cambre, Bergondo A Coruña, Carral etc.

É nomeado Vicepresidente do “Centro Solidario” de La Coruña”

É membro redactor de “A Nosa Terra” no que publica contos co seudónimo de “Asieumedre”

 

1908

Nace o seu fillo Urbano quen por influencia do seu tío chegaría a ser un dos máis recoñecidos pintores galegos.

Publica “Contos de Asiumedre” reunidos nun libriño contendo oito relatos.

 

1909

Nace a súa última filla Purificación.

Nova publicación en libro de “Contos de Asieumedre” contendo 28 relatos.

 

1910

Estrea de “Esclavitú”

 

1916

Participa na fundación das “Irmandades da Fala”

 

1917

En Ferrol participa nun mitín da Irmandade da Fala da Coruña

Publica a comedia “O Pazo”

Morre Pondal e pronuncia a Oración fúnebre no cemiterio de San Amaro

 

1918

Colabora no xornal “El Noroeste”

 

1919

Publica “Estadeíña”

Estrea en Vigo O Pazo

 

1920

Colabora no xornal “Acción Coruñesa”

 

1922

Publica “Gramática do idioma galego”

 

1923

Ingresa como correspondente no Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre Eduardo Pondal

 

1924

Inaugúrase en Sada a escola “Sada y sus contornos” patrocinada pola sociedade do mesmo nome en Nova Iork, da que Lugrís é presidente honorario e encargado económico dos asuntos da sociedade en Galicia.

É nomeado fillo predilecto de Sada

En nome da “Real Academia Gallega” conferencia no Teatro Rosalía para comemorar o IV centenario de Camoês

 

1927

Morre o seu Irmán Plácido en Cuba

Publica “Ardencias”

 

1928

Publica as “Mariñas de Sada” adicado á “Sociedad de Sada y sus contornos” co gallo da celebración dos primeiros exames da Escola da dita Sociedade.

 

1930

Participa na redacción do “Programa do Partido Autonomista Republicano Agrario” en organización da “Federación Republicana Gallega”

Recibe unha homenaxe na súa vila natal consistente na imposición do seu nome a unha rúa, descobrimento dunha lápida coa súa efixe na casa onde naceu e un convite popular no que interveñen Casares Quiroga, Vilar Ponte, Eladio Rodríguez, González López, Victor Casas, autoridades e membros da “Sociedad Sada y sus contornos”

 

1931

É membro da comisión redactora do “Anteproyeito de Estatuto de Galiza”

2ª edición da Gramática

 

1932

Representante na Comisión técnica que redactou o Proxecto definitivo do Estatuto de Galiza.

 

1934

Fai un discurso na inauguración do monumento a Curros na Coruña, coa presencia do Presidente da República Niceto Alcalá Zamora.

É nomeado Presidente da “Real Academia Gallega”

Socio de mérito do “Instituto Històrico do Minho” de Viana do Castelo

 

1935

Renuncia á presidencia da R.A.G. por motivos de saúde.

Publica “Queixumes dos pinos y poesías inéditas de Pondal”

 

1936-1939

Sofre a participación na guerra dos seus fillos; Plácido militando como oficial de Farmacia no 5º Rexemento do exército e Urbano como soldado “reclutado” do bando Franquista.

 

Morre o 15 de febreiro de 1940