Ir ao contido principal

Biblioteca Virtual Tirant

FICHA DO LIBRO

Seleccionado o documento, móstrase a ficha do libro, que contén: táboa de contidos, comentarios, recensións, citar o libro, etiquetas etc.

Hai dúas opcións de visualización, como persoa usuaria xeral e como persoa usuaria personalizada (con conta persoal). As diferenzas atópanse nas opcións de edición do libro.

Para ler o libro preme en “Leer libro”.

Captura da ficha do libro

MENÚ DE PERSOA USUARIA XERAL

Destacamos algunhas das opcións do menú de persoa usuaria xeral:

Captura do menú de persoa usuaria xeral

  1. Inicio
  2. Táboa de contidos (verémola, polo miúdo, na seguinte captura de pantalla)
  3. Axustar ancho e axustar páxina
  4. Ampliar e reducir o tamaño do texto de lectura
  5. Dúas páxinas / Unha páxina
  6. Seleccionar e cortar
  7. Lectura de voz sintética
  8. Buscar o termo no contido do libro e acceder directamente ás páxinas onde se localiza.

Detallamos, a continuación, as opcións da táboa de contidos:

Miniaturas: visualización vertical das páxinas do libro.

Captura das miniaturas

 

Esquemas: mostra o índice do libro. Preme na sección que queiras ler e lévate directamente ás paxinas indicadas.

Captura dos esquemas

 

Resultados: espazo onde aparecerán os resultados da busca do menú superior dos botóns número 8.

Captura dos resultados

MENÚ DE PERSOA USUARIA PERSONALIZADO

Se accedes identificándote ao contido do libro disporás, ademais, das seguintes funcionalidades avanzadas:

Captura das funcionalidades avanzadas

1 Crear un marcador

2 Volver ao punto onde deixaches a última vez a lectura desde "Mis lecturas"

3 Menú de ferramentas de edición para facer comentarios personalizados, resaltar, subliñar, escribir a man alzada e no texto dos libros etc.

Captura do menú de ferramentas

1 Resaltar. 2 Subliñado. 3 Tachado. 4 Subliñado ondulado. 5 Comentario. 6 Texto libre. 7 Rectángulo. 8 A man alzada. 9 Resaltado de man libre. 10 Borrador

4 Ver as anotacións

5 Imprimir ou gardar en pdf ata un máximo de 25 páxinas ao mes