Seleccionado o documento, móstrase a ficha do libro que contén: táboa de contidos, comentarios, recensión, citar o libro, etiquetas etc.
A experiencia da persoa usuaria ten dúas opcións de visualización: a experiencia como persoa usuaria xeral e a persoa usuaria personalizada. As diferenzas atópanse nas opcións de edición do libro.
Para ler ou libro preme en “Leer libro”.
Destacamos algunhas das opcións do menú de persoa usuaria xeral:
Detallamos, a continuación, as opcións da táboa de contidos:
Miniaturas: visualización vertical das páxinas do libro.
Esquemas: mostra o índice do libro. Preme na sección que queiras ler e lévache directamente ás paxinas indicadas.
Resultados: espazo onde aparecerán os resultados da busca do menú superior dos botóns número 8.
Se accedes identificándote ao contido do libro, disporás ademais, das seguintes funcionalidades avanzadas:
1 Crear un marcador
2 Volver ao punto onde deixaches a última vez a lectura
3 Menú de ferramentas de edición para facer comentarios personalizados, resaltar, subliñar, escribir a man alzada e no texto dos libros etc.
1 Resaltar. 2 Subliñado. 3 Tachado. 4 Subliñado ondulado. 5 Comentario. 6 Texto libre. 7 Rectángulo. 8 A man alzada. 9 Resaltado de man libre. 10 Borrador
4 Ver as anotacións
5 Imprimir ou gardar en pdf ata un máximo de 25 páxinas ao mes