Skip to Main Content
Parece que estás usando Internet Explorer 11 ou anterior. Este sitio web funciona mellor con navegadores modernos como as últimas versións de Chrome, Firefox, Safari e Edge. Se continúa con este navegador, pode ver resultados inesperados.

Pórtico - Revistas e libros electrónicos

Que é?

Buscador e enlazador de recursos electrónicos da BUSC, que utiliza o SFX como “resolvedor de enlaces”.

Esta aplicación permite:

  • Buscar na colección de revistas e libros electrónicos da biblioteca a través da lista A-Z ou de formularios de busca (título, materia, editor ou issn). Débese ter en conta que a busca non se fai no contido das obras, senón nos títulos das mesmas.
  • Acceder ao texto completo de artigos, libros, actas de congresos, estándares, etc.
  • Enlazar dende bases de datos referenciais ou desde os portais dos editores nos que aparece o botón SFX, ao texto completo dos artigos ou dos libros.
  • Dispoñer, dende o menú que oferta o SFX, doutras funcionalidades como consultar o catálogo web da biblioteca, buscar noutros catálogos, solicitar o documento a través do servizo de préstamo interbibliotecario, descargar as referencias en Refworks, coñecer o factor de impacto da revista, lanzar buscas en Google Scholar, etc.