Ir ao contido principal

BUSC-Procedementos de traballo

Guía para o persoal da BUSC sobre procesos internos de traballo

Monografías

O proceso de preparación física do documento consta das seguintes fases:

  • Magnetización: colocación da banda magnética antifurto nas páxinas intermedias do documento, de xeito que non quede visible aos usuarios.
  • Selado: o selado realízase en diferentes páxinas do documento, dependendo do tipo de material. Estamparemos o selo na marxe inferior dereita da páxina, evitando marcar a caixa de texto. Se a páxina a selar contén unha lámina, o selado farase no verso desta. Nas monografías selaremos as seguintes páxinas:
    • A portada.
    • Determinadas páxinas impares no interior (serán sempre as mesmas. ex. 51, 151, 251…). Na Biblioteca Xeral úsanse dous selos, o xenérico da BUSC e o da Biblioteca América para os materiais deste fondo.
    • A última páxina do texto.
  • Folla de préstamo: esta colocarase preferentemente na páxina onde estea colocado o código de barras e sempre que o material sexa prestable.
  • Etiquetado: reproducimos a sinatura do material na etiqueta, que irá pegada a 2 cm da parte do lombo, na parte inferior do libro. No caso de conservar a camisa a etiqueta será dobre (na camisa e no libro).
    Con carácter xeral, utilizarase a tipografía de letra HEL de 18 puntos. Se este tamaño resulta demasiado grande en relación ao lombo do libro, utilizaremos o de 12 puntos.
  • Código de barras: recoméndase colocalo preferentemente na contracuberta do libro ou na primera garda, sempre tendo en conta as condicións particulares de cada exemplar. Nunca debe ocultar texto ou imaxes e, no caso de libros con camisas, nunca irá na camisa.
  • Escaneado: para finalizar, escaneamos o código de barras do exemplar en Alma (Servicios al usuario>  Escanear ejemplares> Escanear código de barras del ejemplar), de xeito que o libro pasará a estar dispoñible no catálogo.

Para máis información pode consultarse o apartado Inventario-exemplares da Manual Alma-Procesos.

Publicacións seriadas

O proceso de preparación física deste tipo de documentos consta das seguintes fases:

  • Magnetización: colocación da banda magnética antifurto nas páxinas intermedias da publicación, de xeito que non quede visible aos usuarios.
  • Selado: realízase en diferentes páxinas da publicación. Estampamos o selo na marxe inferior dereita da páxina, evitando marcar a caixa de texto. Se a páxina a selar contén unha lámina, o selado farase no verso desta.

 Selaremos as seguintes páxinas:

  • Portada.
  • Determinadas páxinas impares no interior (sempre serán as mesmas. Ex. 51, 151, 251…).
  • Última páxina impresa.
  • Etiquetado: reproducimos a sinatura do material na etiqueta, que irá pegada (se pode ser) no lombo da publicación a 2 cm, aproximadamente, da parte inferior desta. Os seguintes números da publicación poden levar ou non etiqueta.
  • Código de barras: recoméndase colocalo preferentemente na cuberta do exemplar da revista, sempre tendo en conta as condicións particulares de cada exemplar e procurando non ocultar texto ou imaxes.

Unha vez rematado este proceso, colocamos o exemplar no sitio que lle corresponde.

Fondo patrimonial

  • Código de barras: nos libros antigos (anteriores a 1901) e valiosos, colocarase a etiqueta de código de barras sobre unha tira de papel neutro pegada á garda da parte traseira a uns 2 cm da esquina inferior dereita, sempre tentando non cubrir ningún tipo de información. Esta tira será un pouco máis longa que o dobre do código de barras (12,5 x2 cm para os códigos de 4,8 x 1,7 cm) para poder dobrala sobre o código e que este non estea en contacto co libro. A tira de papel neutro coa etiqueta do código pegarase cun adhesivo reversible e con PH neutro como o PVA Hewit M218.
    Deste xeito o plástico do código de barras non entra en contacto co libro e na contracuberta é onde ten menos posibilidades de ocultar información.

Material especial

No caso de materiais especiais (CD, DVD) a preparación física dos materiais é a seguinte:

  • Magnetización: colocación da banda magnética antifurto. Utilizarase a que ten un formato adaptado a este tipo de materiais.
  • Selado: realizarase no propio disco e nos libretos con información que os acompañan.
  • Etiquetado: reproducimos a sinatura do material na etiqueta, que se pegará na parte inferior do lombo da caixa que acompaña ao material. 
  • Código de barras: recoméndase colocalo na caixa (no interior no caso de que a caixa non sexa transparente)  ou directamente no CD/DVD (sempre que non altere a lectura do contido do mesmo).
  • Escaneado: escaneamos o exemplar en Alma (Servicios al usuario> Escanear ejemplares> Escanear código de barras).

Colocamos o material no lugar que lle corresponda.